138 municipios galegos adhírense á campaña 'En negro contra a violencia machista'

Alertan do negacionismo de Vox sobre a violencia contra as mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Representantes de 138 concellos de Galicia subscribiron en Lugo o protocolo para o desenvolvemento da campaña 'En Negro contra a violencia machista'. Ao acto asistiron, entre outros, os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da deputación de Lugo, Xosé Tomé. 

O alcalde de Santiago acode en Lugo a un acto da 'Campaña en negro' contra a violencia de xénero.
O alcalde de Santiago acode en Lugo a un acto da 'Campaña en negro' contra a violencia de xénero. | Fonte: Europa Press

Tomé destacou que as administracións comparten a loita contra "unha secuela" e que teñen que "actuar todos xuntos para erradicala". "As administracións temos que estar unidas neste tema", insistiu. 

Bugallo, pola súa banda, lembrou que o seu concello foi o primeiro de todos, "cunha campaña que se chamou Compostela en Negro". "O gran éxito de hoxe é que xa non é só de Santiago e agora mesmo vai ser Lugo o centro", sinalou.

Ambos os mandatarios foron interpelados sobre Vox e a súa negación da violencia machista. "Hai un actor político que está a entrar nas administracións e cuestiona a violencia machista e trata de levalo cara a unha violencia intrafamiliar, pero hoxe está aceptado por toda a sociedade que non se trata diso", considerou Tomei.

"Se o resto de partidos explicamos ben á cidadanía as políticas a levar a cabo e como se progresa, os cidadáns van amortizar a Vox".

Bugallo instou a "combater todas as opcións que se opoñen ao avance social, á igualdade e aos dereitos das persoas", mediante vías políticas e democráticas.

"Desde ese punto de vista, o certo é que Vox representa algo que xa queriamos que estaba superado pero que hoxe volve rexurdir politicamente e que loita contra a igualdade e contra os dereitos da muller", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta