Dúas persoas feridas nunha colisión en Amese outra ao envorcar un coche en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Un accidente rexistrado na mañá deste xoves no termo municipal de Ames  debido a unha colisión entre dous turismos saldouse con dúas persoas feridas e o envorco dun vehículo en Santiago rexistrou un lesionado evacuado.

Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro sinistro lugar ás 7,30 horas deste xoves na rotonda de Pegariños, en Ames. A chamada de varios particulares puxo en alerta ao servizo de emerxencias porque o ocupante dun dos automóbiles necesitaba axuda para saír do vehículo tras o impacto.

Por outra banda, na madrugada deste xoves outro accidente en Santiago obrigou a intervir aos Bombeiros da cidade. Neste caso, tratouse dun coche que envorcou cando circulaba pola estrada que une Vidán e Conxo, en Vidán.

Accidente
Accidente | Fonte: Protección Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta