A volta de descendentes de emigrantes, o gran reto para superar o inverno demográfico de Galicia

Será o tema central do Consello de Comunidades Galegas no exterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O retorno terá por primeira vez un relatorio propio no XII Consello de Comunidades Galegas, cuxo plenario se celebrará en Santiago os días 3 e 4 de decembro. A debate estará tamén o papel da emigración nas políticas culturais e sociais, así como a aposta pola galeguidade e o papel dos centros galegos ante o Xacobeo 2021.

En declaracións a Europa Press, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, subliñou que o retorno será "unha liña de traballo fundamental" e incidiu en que a Xunta aproveitará a presenza na capital galega de representantes "de todos os galegos do mundo" para extraer conclusións das súas reflexións acerca de por onde debe ir a acción política.

Non en balde, unha dos relatorios a debate no encontro, baixo a lema 'Retorno: dereito e oportunidade', conclúe que é preciso aspirar "a ambiciosos obxectivos a medio e longo prazo" como, por exemplo, "o incremento do número de galegos retornados". Todo iso no marco de "superar o importante reto demográfico" ao que se enfronta Galicia, do mesmo xeito que toda España e Europa.

"Os galegos temos que ver o retorno como o que é: non únicamente un dereito de todos os emigrantes e os seus descendentes, senón tamén unha oportunidade extraordinaria que a historia de Galicia nos ofrece", conclúe o texto.

Nel recóllese tamén que o fenómeno da emigración, "tan vinculado historicamente" a Galicia, está a experimentar "unha tendencia" que, "por primeira vez en décadas", axuda "a reverter" a situación que durante o século pasado levou a tantos galegos a deixar a comunidade cara a outros países e continentes.

ATRAER A GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR

Ante esta nova realidade social, o relatorio reflexiona en que hai novos retos e que, se non se quere que estes desafíos "se convertan no talón de Aquiles de Galicia", o Goberno autonómico debe traballar para conseguir varios obxectivos, empezando por "atraer galegos residentes no exterior, tanto os que retornan como os que se instalan na comunidade por primeira vez".

Entre os obxectivos que fixa o relatorio está ofrecer e procurar aos retornados "unha cobertura integral" das súas necesidades básicas; facilitar a súa integración educativa e laboral, premiar a contratació de longa duración e calidade; e promover todas as medidas á súa disposición para que as familias retornadas poidan acceder a unha vivenda, xa sexa en réxime de aluguer ou en propiedade.

O relatorio tamén aposto por facilitar o rexistro de parellas de feito no caso dos retornados, solicitando a inscrición nun concello da autonomía ("como en moitas comunidades de España", precisa), pero "non a veciñanza civil dun dos membros".

'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956)
'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956) | Fonte: Manuel Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo 2

Pois ao melhor esse é o motivo desta medida. Ainda que eu conheço a um venezuelano, filho de emigrantes galegos, que fala galego (e não é uma brincadeira, e se tem sotaque-acento sul-americano, pois bem, não é menos galego que o estendido sotaque-acento castelhano com que falamos os galego hoje em dia). Ademais sabe tocar a gaita e bailar uma muinheira, todo aprendido no Centro Galego. E sim, desde logo não é chavista, pero presume de Galiza como vi a poucos galegos fazê-lo.

2 Cambrés

Se veñen os fillos dos emigrantes VOX saca maioría absoluta en Galiza e a lingua e cultura galegas desaparecen en poucos anos...

1 anonimo 2

Para superar o inverno demográfico, evitar que os galegos emigrem, fazer que voltem os emigrados, fazer que voltem os filhos dos emigrados, só há um caminho, progresso, qualidade de vida e perspectivas de presente e de futuro. O demais é propaganda e demagogia.