O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, reivindicou nun acto en Bilbao, no que el e outros tres presidentes autonómicos apoiaron ao candidato vasco, Javier de Andrés, a Galicia "aberta", do "sentidiño" e que "crece porque crece o conxunto" fronte a un nacionalismo que, ao seu modo de ver, busca "acantoar".
  comenta   0
O proxecto Mulleres á Fronte Dende o Sur Global, impulsado pola USC e Ecos do Sur, explora as posibilidades do arte como ferramenta de transformación social.
  comenta   0
A Fraga non lle deron as contas en 2005 cando agardaba que o voto emigrante lle dera o escano 38. Un escano que si lle quitou a Feijóo en 2009 para quedar coa maioría absoluta raspada.
  comenta   0
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
A Xunta Electoral acepta unha denuncia do PSdeG que lle impide falar doutros temas que non sexa estritamente os falados na reunión semanal do seu Executivo.
  comenta   0
O Centro Galicia de Buenos Aires acolle a exposición 'O poder da palabra. Un percorrido pola historia do Parlamento de Galicia', unha mostra inicialmente concibida para conmemorar as primeiras catro décadas da autonomía galega, e que agora chega á considerada "quinta provincia galega".
  comenta   0
Para o presidente do Parlamento galego a Galicia exterior, que ten en Buenos Aires unha cidade de referencia, "está presente en todas as realidades da Galicia contemporánea", en ámbitos tan diversos como o económico, cultural, político, académico ou familiar.
  comenta   0
Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de emigrantes galegos e hai 9 anos deixou a cidade condal para volver ás súas orixes, ás súas raíces e vivir na casa dos seus tataravós nunha aldea de Ribas de Sil. Actualmente traballa nun proxecto persoal bautizado como 'Malas hierbas'.
Quizais as próximas eleccións presidenciais da Arxentina convértanse nas máis insólitas, imprevisibles e as máis perigosas eleccións de toda a historia democrática burguesa deste país.
  comenta   0
Ao longo da historia, as comunidades de emigrantes galegos desempeñaron un papel crucial na preservación e promoción da cultura galega en todo o mundo. Un exemplo destacado deste labor é "A Irmandade Galega na Suíza", unha organización fundada por un grupo de individuos comprometidos, entre eles, Alicia Castro, viúva de Carlos Díaz, un dos fundadores e creadores do emblema da entidade.
  comenta   0
O subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros, Rodrigo Teijeiro, e o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez, mantiveron un encontro de traballo sobre as políticas de retorno de ambas as comunidades autónomas para compartir experiencias comúns neste ámbito, acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior.
  comenta   0
Como é posible que unha empresa perda 1.700 millóns en menos de catro meses?. As acións de EidF pasan de valer 31 euros en abril a cinco en setembro. Detrás do modelo de negocio está Fernando Romero, a cuarta persoa máis rica de Galicia.
  comenta   0
A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta convocou 119 prazas co obxectivo de que estas persoas fortalezan os seus vínculos coa súa terra de orixe e cos seus familiares.
  comenta   0
A modificación da normativa electoral para os emigrantes galegos residentes no exterior abre algúns interrogantes sobre a tendencia política dese voto.
  comenta   0
Alberto Varela, que se presentou polos Verdes, goberna a cidade suíza.
  comenta   1
Entre o 12 e o 19 de maio haberá contacontos, música, a proxección dun documental e a gala musico-literaria das Letras Galegas o 17 de maio no Auditorio Municipal. Ata xullo a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia.
  comenta   0
O Goberno duplica o seu investimento no plan Retorna Galicia. Calcula que arredor do 60% serán menores de 45 anos.
  comenta   0
O programa Galicia Retorna, que dá continuidade ao Retorna 2020, intensifica especialmente as accións de ámbito laboral e o asesoramento.
  comenta   3