Temas: BIERZO RAG

Cando os maragatos de Astorga tamén escribían en galego

A RAG recolle nun libro as cartas con versos en galego do poeta de Astorga Antonio Fernández Morales.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/12/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) recolle nun libro as cartas do poeta de Astorga (León) Antonio Fernandez Morais con versos en galego "que o converteron nun pioneiro do Rexurdimento", sinala a institución académica.

O volume reproduce a correspondencia que Fernández Morales (Astorga, 1817- Cacabelos, 1896) envioulle ao filólogo catalán Mariano Cubí, quen lle animou a escribir en galego, segundo explica a RAG.

A presentación desta publicación tivo lugar o sábado no Bierzo nun acto que contou coa presenza do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, e o autor da edición, o académico Héctor Silveiro.

Os versos incluídos nas misivas formaron, con posterioridade, parte dos 'Ensaios poéticos en dialecto berciano', obra publicada dous anos antes de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.

A RAG presenta unha publicación con cartas do poeta Antonio Fernández Morais. RAG
A RAG presenta unha publicación con cartas do poeta Antonio Fernández Morais. RAG | Fonte: Europa Press

Temas: BIERZO RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta