Familiares do PP, "enchufados" en postos oficiais

A ForGa denuncia que varios familiares de altos cargos do partido conservador están traballando en postos públicos de alta responsabilidade. Entre eles, o irmán da presidenta do PP, varios cuñados ou fillos de ministros ou a "compañeira sentimental" do presidente galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2012 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento tecnolóxico, o Emprego e a Formación na Galiza, ForGa, unha entidade vinculada ao sindicato nacionalista CIG, acaba de publicar na súa web os supostos "enchufes" de vinte e seis familiares de altos cargos do PP. Entre estes están:

Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
Chinny Gánir, parella de Feijóo, contempla o saúdo de Feijóo ao Papa na súa visita ao Vaticano
  • Elisa Robles Fraga, directora xeral do Centro para o desenvolvemento tecnolóxico industrial (CDTI) e sobriña do ex-presidente da Xunta, Mauel Fraga.
  • Carmen Gámir, "compañeira sentimental" de Alberto Núñez Feijóo e, actualmente, Xefa de Prensa da Secretaría de Estado de Presupostos, que ocupa a ex-conselleira da Xunta Marta Fernández Currás.
  • Álvaro Ramírez de Haro y Aguirre, fillo de Esperanza Aguirre e asesor de estado de comercio.
  • Miguel Cardenal Carro, Presidente do Consello Superior de Deportes, e fillo de Jesús Cardeal, ex Fiscal Xeneral do Estado con José María Aznar.
  • María Zaplana Barceló, asesora na Secretaria de Estado de Turismo e filla do ex ministro Eduardo Zaplana.
  • José Ramón Bujanda, cuñado do ministro de agricultura, Miguel Arias Cañete, e, curiosamente presidente de SAECA -empresa de carácter público participada pola SEPI e o Ministerio de Agricultura.
  • José Miguel Martínez, concuñado de Cristóbal Montoro, ministro de Facenda é o presidente da Sociedade estatal de loterías e apostas do estado, dependente do Ministerio de Facenda.
  • Víctor Calvo Sotelo, secretario de estado de telecomunicacións e fillo do que foi presidente do goberno español Leopoldo Calvo Sotelo. 
  • Marcelino Oreja Arburua,  fillo de Marcelino Oreja Aguirre, ex-ministro de asuntos exteriores, é agora o presidente da Entidade pública empresarial de ferrocarrís.
  • Ricardo Cospedal García, irmán da secretaria xeral do PP, será o futuro director da Fundación Carolina de estudos internacionais.

Podes consultar a lista completa, aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 84 comentarios

15 Rayleigh

Por certo..e o noso pepeiro de cabeceira, manolón, onde anda? Facendo contas para pagar o IRPF e a nova suba do IVA? Ou quizais decidindo a que fillo quere máis e poder pagarlle a sanidade e a educación convenintemente? Por que el é, como todos os pepeiros, un home de partido que vai votar despois de misa, polo PP coma Deus manda. Como debe estar disfrutando coa "liberal" Aguirre mentras mira coma mete a súa familia na Administración (o seu fillo, "asesor" do ministro de economía). A única diferencia con Baltar, é que Aguirre usa Chanel 5. A ver manolón se pasa, para facer o ridículo habitual

1 Presidente Rajoy

Acabó el turno y ahora ocupan su lugar otros buenos profesionales de los que tanto abundan en el partido. Somos el partido de las familias, desde que yo estoy infinidad de familias de otros lares vinieron a establecerse, familias rusas, napolítanas, kosovares, sicilianas, de Las Vegas y de tantos sitios.

14 un que sabe

Esto leva máis dun mes circulando na Rede e mesmo algun xornal dixital como El Plural xa a ten publicado. Menuda noticia do carallo e menuda actualidade. Xa presentou o ERE a FORGA?

13 Chapuzas a domicilio

Si esto fuera el Menéame la votaría como "antigüa"

12 Un parado sen prestación

Non preciso da vosa mente para pensar, iría fodido se así fóra! . Afortunadamente as miñas neuronas funcionan á perfección. Tampouco son suxeito de dependencias militantes, xa que a miña praxe a autonomía intelectual. Por iso recoméndovos que as memeces utilicédelas para convencer a acólitos predispostos. É o colmo que outorguedes natureza de normalidade á existencia de cargos de confianza; pois nada home, con iso o voso cadro toma pinceladas anacrónicas e o seu título cae de caixon "O SAQUEO DOS INEPTOS E INCAPACES". O esperpéntico é que sexa pobo como autor quen teña de de satisfacer os antoxos aos personaxes do lenzo. Isto en román paladino chámase sinvergüencería. Non esquecer de colgar o cadro na casa para fachenda da familia, e para que se vexan cos propios ollos, que viven coa antítese da sensatez!

1 Alfa Dominante

Autonomia intelectual? andar perdido non é ter autonomia. Parado sen prestación, é o sistema apeituga con el. Non podes cambear o xogo se xogas cas mesmas reglas.

2 Un parado sen prestación

Alfa Dominante, fai por poñerte ao marxe non tentes empredela conmigo pois ademais de non ter nivel para prestarche atención , o certo é que estou agardando a chegada dos liberados sindicais da CIG, así que no sexas intruso e adica teu tempo a cualificarte que boa falta che fai.

3 Alfa Dominante

Ti non tes nivel pra nada, por eso pringas co paro de por vida. Todo fume e fachenda, idealismo barateiro que non entende a condición humana. Eu nunca tiven problema pra ter bós choios, agora tampouco me queixo. Pero non me limito a trollear, son materialista total. O enchufismo sempre existeu, é natural coma a vida mesma. Cecais ti estás no paro porque en vez de pedirlle axuda a familiares ou amigos, colles a guia e pidesllo a un paisano de Denver (Colorado). O ser humano é como é, o inmoral é que tanto partidos coma lexislación non se armen de mecanismos efectivos pra evitalo. Por eso falo do sistema, algo que tuas escasas, pero moi autonomas neuronas non che deixan percibir.

4 Un empregado decente

Mira ti Alfa Dominante , vexo que che definiches á perfección deixando claro que es un arrastrado, un recomendado para sempre , que a base de pedir favores consegue que por mendicidade o empreguen temporalmente. A túa vida e o teu futuro só será iso, a dun arrastrado sen valía que move favores para paliar as súas mágoas. Para maior desgracia non serás afiliado da CIG?

5 Alfa Dominante

Agora un come nabos do PP, fala de arrastrarse. O que hai que ler.

11 Negrín

Está claro que os axustes e os recortes de concellais e deputados é para perpetuar o ASALTO ao poder destes golpistas do PPinochet. Veñen a PARAPETARSE desde o poder coa FORZA (policía e exército), manipulando o poder xudicial e anulando o poder executivo. Non están dispostos a pagar polos roubos, e ademais colocan aos seus para encher a bolsa. Ou lles facemso fronte no día a día e na rúa ou nos convirten en súbditos e escravos. Viva a IIIª República democrática,social,federal e laica. Ben sei que hai moito iluninado. Se ledes a un auténtico revolucionario di: dous pasiños adiante e un cara atrás...Así se avanza... Volo digo porque non teño ganas de perder o tempo con andrómenas!