O BNG dá marcha atrás e non acudirá á rolda de consultas con Felipe VI

Critica "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual. A presidenta do Congreso anunciara este mércores que ERC, Bildu e as CUP non irían á consulta, pero non citou ao BNG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2019 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou non participar na rolda de consultas de Felipe VI sobre a investidura do presidente do Goberno central. Unha decisión que se produce logo de que a presidenta do Congreso, Maritxell Batet, anunciara este mércores a prensencia do BNG nesas consultas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, abstense na votación a Batet para a presidencia da Cámara baixa | Fonte: BNG.

O Bloque Nacionalista Galego apunta que a decisión do Bloque "non só parte da súa profunda convicción republicana e soberanista", senón tamén por avaliar "moi negativamente" o papel que a monarquía e a figura do rei está a desempeñar no contexto actual.

"Nun momento de profunda involución democrática no Estado, no que se están pondo en cuestión dereitos fundamentais e liberdades públicas, Felipe de Borbón asumiu un rol determinante neste proceso, especialmente contra as nacións que formamos parte deste Estado e contra o exercicio dos dereitos colectivos, como é o de autodeterminación, que como tales nos corresponden", subliña.

Ademais, engade que resulta "cada vez máis inxustificable" o mantemento dunha institución "anacrónica" como a monarquía, "incompatible cun sistema que se queira democrático". A xefatura do Estado, para os nacionalistas galegos, "debe ser electa polos cidadáns". "Non se sostén en parámetros democráticos unha xefatura do Estado hereditaria e vitalicia e, no caso español, reinstaurada polo ditador Francisco Franco", reproba.

Por iso, para o BNG, "é o momento de avanzar en dereitos e liberdades, tamén nos colectivos como pobo". Reafirma o seu compromiso coa defensa dunha "Galicia con plena capacidade para decidir por si mesma sobre os seus asuntos de maneira soberana como premisa para poder construír un país novo, libre e próspero".

Por último, reitera que ese compromiso "se plasma en que fronte a este Estado español unitario e cada vez máis autoritario que encarna a monarquía", o Bloque opta por defender "unha Galicia soberana e republicana".

REGO, CITADO DOS PRIMEIROS

A reelixida presidenta do Congreso, Meritxell Batet, acudía este mércores ao Palacio da Zarzuela para dar conta ao Xefe do Estado da sesión constitutiva da nova Cámara xurdida das eleccións xerais do pasado 10 de novembro e para entregarlle a lista cos 19 partidos políticos que participarán nas consultas.

Nesa lista inicial apareceía o BNG pero non ERC, nin Bildu, que veñen 'plantando' a Felipe VI na rolda de audiencias que realiza cos representantes políticos para constar se pode ou non propor un candidato á Presidencia do Goberno, pero tampouco as CUP.

De feito, e conforme á axenda difundida pola Casa Real, o primeiro en acudir a ver a Felipe VI será o deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, o martes 10 ás 9,30 horas. Ás 10,15 irá o deputado de Teruel Existe, Tomás Guitarte, que se estrea no Palacio da Zarzuela.

Ás 11,00 horas está citado o Partido Rexionalista de Cantabria (PRC), representado polo deputado José María Mazón; ás 11,45 horas estao Néstor Rego do BNG e ás 12,30 será a quenda do deputado de Compromís, Joan Baldoví.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

6 Opa Canido

Non son quen de tomar nin unha soa decisión. Fan o que deciden outros. Hoxe din unha cousa e mañá a contraria. Por certo Paco Rodríguez, SEMPRE , foi facerlle o RENDIBÚ ao Borbón ¡¡¡

5 Choquiarlá

Magnífica decisión. Eu son dos primeiros en criticar a asistencia de Ana Pontón na festa da La Voz de Galicia (ou é xa "LA VOX de Galicia"?) co "bobón" pero ista nova demóstrame que o BNG está disposto a pór Galiza na mesa e por riba de todo (inútiles pantomimas fronte a anacrónicos fantoches fascistas incluidas). Os outros deputados madrillegos (Yoli...) que se presten ó teatro monárquico e lamban a coroa do "preparado" neofranquista. Ven, BNG, moi ben, por cousas coma ista levastes o meu voto e levarédelo sempre se seguides así. Galiza primeiro, republicana, de esquerda e laica!

1 Frecha

"Recticficou" por ordes de Esquerra-Bildu. Paco de la U sempre lle levaba un Sempre en Galiza ao Campechano.

4 Fiolo

Como siempre trabajando a las órdenes de ERC y Bildu-ETA. Siguen sin enterarse de que Galicia no es el País Vasco ni Cataluña.

3 Alienao

Pois non era mala hora as 11:45 pra cantarlle as corenta ao reipelé.

2 Konstantin konstantinopel

Votei neles, pensei que podía confiar, pero xa empezan a facer das súas... Por favor, que non volvan ao de sempre porque van volver a desaparecer como fixeron hai algunhas lexislaturas...

1 Currelante

Eu tampouco lles votei (como os postureiros que aquí comentastes), pois nada confío na UPG-BNG. Aínda así, e sen pensar apoialos no futuro, paréceme unha decisión acertada: ao povo hai que educalo (axeonllarse diante dun monarca, do amo da prensa ou diante de empresários expoliadores en pleno século XXI non é o camiño para mostrar a liberdade).