Piden sete anos de prisión para un home que apuñalou a outro nunha discusión

Unha das puñaladas, recolle o escrito, causoulle á vítima unha perforación intestinal, pola que tivo que ser intervido de urxencia no Complexo Hospitalario da Coruña e necesitou nove días de ingreso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o vindeiro martes e mércores o xuízo contra un home acusado de intento de homicidio por apuñalar en dúas ocasións a unha persoa en Betanzos tras unha discusión.

Segundo o escrito de acusación do Fiscal, que pide para el sete anos de prisión, os feitos remóntanse á madrugada do 20 de agosto de 2014, cando o acusado se atopaba nun local de Betanzos e iniciou unha discusión coa vítima, á que losqueou na cara.

Aínda que inicialmente o agredido abandonou o local, posteriormente regresou, momento no cal o acusado, "sen mediar palabra", achegouse a el "esgrimindo un coitelo" e, "coa intención de acabar coa súa vida", apuñalouno no abdome e nunha perna.

Unha das puñaladas, recolle o escrito, causoulle á vítima unha perforación intestinal, pola que tivo que ser intervido de urxencia no Complexo Hospitalario da Coruña e necesitou nove días de ingreso.

Por iso, o Ministerio Público considera ao acusado autor dun delito de homicidio en grao de tentativa e pide para el unha pena de sete anos de prisión e a prohibición de achegarse a menos de 200 metros ou comunicarse coa vítima por un período de 10 anos.

A maiores, terá que indemnizalo con 1.875 euros polos días de incapacidade e hospitalización que sufriu e con 5.665 euros polas secuelas producidas. Tamén reclaman que se faga cargo do custo da asistencia hospitalaria.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta