A Xunta espera que Endesa responda para "dar unha segunda oportunidade" ás Pontes

Conde avisa de que a poxa de interrumpibilidade "tal e como está exposta sería a antesala do peche" de Alcoa se non hai máis medidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, espera que Endesa "dea unha resposta desde o punto de vista de viabilidade" para "para dar unha segunda oportunidade á central das Pontes".

En declaracións aos medios este martes en Santiago, Conde valorou a "posición común" e "unidade de acción" demostrada o luns en Madrid na mesa entre as diversas administracións e a empresa sobre o futuro da planta.

Alí, Endesa comprometeuse a reavaliar os resultados económicos e ambientais (en canto á emisión de gases de efecto invernadoiro) de substituír parte do carbón que queimaba ata agora na térmica das Pontes por lodos ou outros combustibles, co obxectivo de evitar o seu peche, anunciado, como data tope, para o ano 2022.

O conselleiro deixou claro que a transición debe ser "xusta" e dar unha solución a 700 familias afectadas. Considera que "a política enerxética debe estar ao servizo da política industrial". Valora o encontro polo futuro da central das Pontes como un "claro exemplo de colaboración institucional" que "se poida trasladar a outros campos como poida ser o de Alcoa, o de Ence ou as empresas conserveiras".

FUTURO DE ALCOA

Sobre o futuro de Alcoa San Cibrao, avisou de que a poxa de interrumpibilidade da próxima semana será "antesala dunha decisión que pode levar a Alcoa ao peche se non hai unha resposta por parte do Goberno doutras medidas de acompañamento". Nesta liña, Conde asegura que "a poxa non pode ser unha escusa para non dar unhas respostas desde o punto de vista do prezo eléctrico para que sexa "competitivo". Por iso, demanda ao Goberno central unha "rectificación" e medidas "concretas".

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta