Feijóo pide a Pedro Sánchez que "deixe de abrazarse con Podemos e de porse en mans de Junqueras e de Puigdemont"

O presidente da Xunta pídelle que "se abrace á Constitución".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2019 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que "cambie o guión", que "deixe de abrazarse con Podemos e de porse en mans de Junqueras e de Puigdemont e que se abrace á Constitución".

Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa.
Feijóo e Pedro Sánchez na Moncloa.

Para Feijóo, "sería bo que todo o que fixo se desandara e que volvésemos á casa de saída e que puidésemos falar", porque na súa opinión, "falar é exactamente o contrario do que fixo o Partido Socialista" ata agora.

"O 'non é non' de Pedro Sánchez a Rajoy é o mesmo 'non é non' de Pedro Sánchez ao Partido Popular actual e ao presidente Casado. Gustaríame que cambiase o guión, porque ese guión é letal para a democracia española e é letal para os españois", afirmou o presidente da Xunta con motivo da conversación telefónica que manterá co presidente en funcións o vindeiro martes.

Núñez Feijóo, que este sábado vai ser nomeado socio de honra do Centro Galego de Santander, puntualizou que falará ao candidato a presidente "dos problemas dos galegos" e dos "miles de postos de traballo que neste momento están no aire" de empresas electrointensivas e dos sectores da conserva, a pesca e o sector forestal, "que non saben se van poder seguir traballando no próximo trimestre do ano".

"Esa é a miña obriga como presidente da Xunta", pero "se me pregunta a miña opinión sobre esta fuxida cara ao precipicio en mans dos independentistas, direille que sería a equivocación máis grande na historia democrática española", apostilou.

Sobre o Centro Galego de Santander, que este ano celebra o seu centenario, Núñez Feijóo recalcou que "agora que, lamentablemente, nalgunha comunidade autónoma están de moda as embaixadas en contra de España, isto é un exemplo dunha embaixada a favor dos galegos, a favor dos cántabros e a favor de todos os españois".

"Eu creo que hai algún presidente autonómico que podería copiar as 137 embaixadas galegas que están abertas en todo o mundo, que son embaixadas de cultura e non de confrontación, embaixadas de pontes de conexión e non de muros de división.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Mellor abrazarse a unha farola que á Marcial Dorado