Tras dicir que acabaría co "feudo do PP en Galicia", agora Vox confesa que apoiaría un Goberno de Feijóo

Javier Ortega Smith asegura que non sería "por cheques en branco" e esixiría "desmontar chiringuitos".

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 15/12/2019 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O número dous de Vox, Javier Ortega Smith, admitiu este domingo en Lugo que, no caso de que "se dese a hipótese" de que "o PP necesitase os votos de Vox" para conformar Goberno en Galicia tras as próximas eleccións autonómicas de 2020, a formación de Santiago Abascal estaría disposta a darllos para "manter a súa máxima" de "evitar que a esquerda goberne en ningures de España". Díxoo só un día despois de trasladar a idea de que se pode "acabar co feudo do Partido Popular en Galicia".

O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, en Lugo
O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, en Lugo | Fonte: Europa Press

Este domingo, ante unha sala que congregou a máis de cen simpatizantes no Palacio dos Congresos de Lugo, o portavoz de Vox en Madrid tratou de convencelos para que se afiliasen ao partido de extrema dereita e así fortalecer a súa presenza en Galicia.

Na pasada xornada, Ortega Smith estivo en Ferrol para dicir que os próximos comicios autonómicos son a oportunidade para "acabar co feudo de Feijóo en Galicia" e un día despois asegurou que darían os seus votos ao PP, "pero non por cheques en branco", senón que pedirían que se cumprisen "unha lista de medidas e se desmontasen os chiringuitos das asociacións e organizacións ideolóxicas".

Neste sentido, tamén quixo subirse ao carro da actualidade e manifestou que unha das condicións sería "dedicar todos os recursos económicos para que non haxa unha soa localidade galega que non teña, a unha distancia razoable, un centro de saúde con todas as dotacións necesarias". Unhas declaracións que verte unha semana despois de que se producise o peche do paritorio de Verín (Ourense).

"ESPAÑA E LIBERDADE"

Na mesma sala, Ortega Smith dedicou máis de 30 minutos a falar de "violencia intrafamiliar", é dicir, violencia de xénero; da "defensa da patria", a presenza do Estado en Europa e o "odio" do que "medios de comunicación e partidos políticos" acusan a Vox.

Desde nenos a septuaxenarios, entre os que pesaba unha ampla maioría de homes, todos estiveron prestando atención ás palabras do número dous do partido de extrema dereita. Á súa chegada, recibírono ondeando pequenas bandeiras de España que a organización colocara nos asentos.

Mentres os asistentes gritaban 'Viva España' e mesmo 'Arriba España', Ortega Smith subiu ao estrado, no que defendeu "España e a liberdade", dous conceptos que reduciu ao que el entende polo "amor" á "patria" e a "liberdade de opinión, expresión ou educación" que vai en contra da "ditadura do pensamento único e do politicamente correcto" que instalan "os progres" cunha "censura que xa quixesen os réximes totalitarios" sostivo.

Na súa intervención reiterou que Vox é "especialista en cargarse casaríos" como o que ao seu xuízo existe en Galicia. Primeiro arremeteu contra o expresidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne e "a anormalidade lingüística" que supuxo a "lei de normalización lingüística para impor o galego".

Despois, dirixiuse ao actual titular do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e acusouno de dicir que "ía defender o dereito de educar aos nosos fillos en liberdade, pero fixo o contrario" ou que "ía defender un proxecto de Galicia como parte inseparable de España, pero o señor Feijóo empezou a falar de que era unha nación sen Estado".

Ante o escenario que pintou aos seus oíntes, Ortega Smith volveu apostar por "acabar co chiringuito do PP" nunhas eleccións autonómicas que espera que se "convoquen canto antes" e nas que anticipou que haberá representantes de Vox nas catro provincias galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Al pam pam

Modelo francés = pirola na boca. Modelo español = pirola no cu

4 Xanti

O único que van conseguir se como parece soamente se presentan tres forzas de esquerda con posibilidade de gobernar, é facilitar que perda Feijoo...

1 ModeloFrancés

¿Y tú crees que los votantes de Vox no quieren que pierda alguien como Feijoo que los traicionó? Un político de centro, por lo tanto es la antipolítica que trata de rebañar votos de todas partes ¿En qué se diferencia Feijoo de la izquierda en temas ideológicos, de corrección política (memoria histórica, ideología de género, feminismo radical, animalismo, etc.)? ¿De verdad que alguien cree que se iba a distinguir la línea ideológica de Feijoo de la de Gonzalo Caballero y sus posibles aliados?

3 ModeloFrancés

Vox tiene mucho trabajo. En primer lugar hay que llevar los restos de Castelao a Sogama y eliminar los premios que llevan su nombre; derogar la ley que insulta a los gallegos que hablan español llamándoles anormales; hacer auditorias a los chiringuitos del gallego, ya sean editoriales, o asociativos; eliminar el gallego como lengua vehicular y dejar la asignatura de gallego como optativa; prohibir y eliminar los puestos de trabajo artificiosos como los coordinadores de normalización lingüística, etc.

1 Modelonernandental

Pastillita e a durmir. Que alguén te tape. Biquiños. Mañá é outro día.

2 Sentidiño

Deixa de insultar a Francia. Co modelo francés hai diwan, calandretas e ikastolas, e referendos de autodeterminación en Nova Caledonia. O teu é máis de Queipo de Llano, de violacións sistemáticas de mulleres, de mestres fusilados nas cunetas,... con ejpania nunca máis.

3 Xanti

A Sogama sí que te tiñan que tirar a ti... paifocas.

4 Geronimus

Sentidiño, no cuentes trolas que hay cosas que no salen en Sermos Paliza. En Francia no hay más lengua oficial que el francés. En lugares como Bretaña, como mucho la rotulación es bilingüe. No padecen las comunidades autónomas y los partidos separatistas no existen. Eso sí, de fusilamientos, guerras mundiales, guerras coloniales y violaciones/represión en las mismas como en Argelia, saben infinitamente más que aquí.

5 Amancio

Gero non contes troliñas ho. Na Córcega os independentistas gobernan a illa e, a diferenza do que pasaba en España, Batasuna sempre foi legal en Francia. Parécenos moi ben que aspires a ser francés - tes un grande precedente dunha longa tradición de españois acomplexados- mais non nos des a vara coas tuas neuras que aquí falamos galego e somos españois.

2 Amancio

A principal lección que deixou o século XX e a queda da Unión Soviética é que o centralismo non funciona. Nin dun punto de vista democrático nin dun punto de vista político. Mais aí tendes aos de Vox zumba que te dalle defendendo a recentralización. Estes quérennos facer miserentos por España.

1 woodro wilson

Non sei a quen pretende engañar.... pero si os chiringos son eles... e os caciqueria ultra expañolenta e dexenerada traidora e miserenta... un-ha cousa e segura e mellor xuntar os votos entorno a pe$oume e o bloque... o resto e meter o facismo a gobernar a insultar o galego, a cultura e a Galiza enteira... pepeiro mais voXito son a mesma porcallada