Unha persoa choca co seu vehículo contra un muro no Rosal

O alertante indicou que a persoa non requiría asistencia sanitaria, pero que non podía saír do interior do turismo.

Por E.P. | LUGO | 18/12/2019 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Unha persoa foi rescatada tras envorcar o seu coche e chocar contra un muro no Rosal. Uns minutos antes das 7,00 horas deste mércores un particular avisou ao 112 Galicia dunha saída de vía no concello pontevedrés do Rosal, en San Miguel de Tabagón.

Segundo o seu relato, o coche envorcou e chocou contra un muro. O alertante indicou que a persoa non requiría asistencia sanitaria, pero que non podía saír do interior do turismo.

Con estes datos, os xestores do 112 informaron os Bombeiros de Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os membros do GES comunicaron que o coche envorcara lateralmente, abriron a porta e a persoa puido saír do vehículo sen máis complicación. De feito, indicaron as mesmas fontes, non foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios nin a dos Bombeiros.

Garda Civil
Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta