Cinco encapuchados asaltan un matrimonio de octoxenarios en Vilar de Santos

"Cachearon toda a casa" e levaron uns 600 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga o asalto a un matrimonio de octoxenarios veciños do municipio ourensán de Vilar de Santos por parte de cinco encapuchados que fuxiron nun turismo.

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, os feitos sucederon o pasado luns 16 sobre as 20,00 horas nunha vivenda na aldea de Mosteiro, no municipio de Vilar de Santos.

Ao lugar acudiron efectivos da Garda Civil aos que as vítimas, un matrimonio de 81 anos de idade, relataron que cinco encapuchados con suposto acento estranxeiro "cachearon toda a casa" na que causaron desfeitas no mobiliario ao buscar diñeiro. As mesmas fontes apuntaron que levaron uns 600 euros.

Ademais, a octoxenaria sufriu "lesións leves", apuntaron as mesmas fontes, porque lle pegaron "un bofetón" na cara, concretaron.

A Garda Civil atopou un vehículo calcinado no acceso á autovía A-52 en Trasmiras e investiga se se trata do coche usado neste roubo.

Imaxe de Vilar de Santos. Concello
Imaxe de Vilar de Santos. Concello

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta