Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2019 | Actualizada ás 13:28
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revolucionou as redes sociais ao publicar un vídeo para felicitar o Nadal aos galegos no que o acompaña o actor Luís Zahera.
O vídeo, de 2 minutos e 17 segundos, traballa o parecido físico que existe entre ambos os dous. Mesmo remata con Zahera dicindo: "Aquí, co meu irmán". Ao que responde Feijóo: "Eiquí, co pequeno".
Ao longo do vídeo, Zahera, que se dirixe nun ton moi cómplice con Feijóo, ao que chama "Bertiño", xa adianta que algúns o van poñer "podre" por saír nun vídeo co presidente galego e do Partido Popular. Pola súa banda, Feijóo di que algúns o chaman "facha" e outros, "rojo nacionalista perigoso", en referencia velada á oposición no Parlamento galego e ao partido de ultradereita Vox, respectivamente.
O vídeo continúa cunha conversa sobre o estado actual de ingobernabilidade en España, que se compara coa estabilidade galega, polo menos no que se refire á convocatoria de eleccións, e remata cunha mensaxe común de ambos os dous: "Galicia é moito".
O propio presidente da Xunta, no seu Twitter, foi o encargado de estrear o vídeo, cun lema: "Galicia une".
GALICIA UNE.
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) December 20, 2019
Más aún de lo que nos parece.
🎄 Bo NADAL. FELIZ 2020
🎬📽 #Galiciaune 👇 pic.twitter.com/VHzBpddHAR
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.