A creación audiovisual en galego é suficiente para a normalización da lingua?

A produción de series, filmes ou documentarios en galego non será nunca suficiente para algúns creadores. O direccionismo neste xénero pode facer que a propia historia do país apareza deturpada ou simplemente non apareza nas pantallas. A sorpresa vén cando series que foran rexeitadas no seu momento por seren en galego, de súpeto aparecen triunfando noutros mercados e o mesmo con algúns filmes.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 06/01/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A produción audiovisual nunha determinada lingua pode ser un barómetro co que medir o grao de saúde que ten esa lingua. En países con minorías lingüísticas como o caso finés, onde algo máis do 5% das persoas falan sueco, a mesma TV pública finesa creou unha canle para este público. Outro exemplo é a BBC Wales, para a poboación de Gales, no Reino Unido. Ambas mostras recollen como linguas minoritarias poden ter o seu oco audiovisual tanto no informativo como no creativo.

Actividades nunha das edicións anteriores do Laboratorio Audiovisual de Vedra
Actividades nunha das edicións anteriores do Laboratorio Audiovisual de Vedra

Falamos con dúas persoas que traballan dentro do audiovisual. Con elas quixemos abordar se a creación en galego é dinámica, se reflicte unha implicación profunda do audiovisual galego coa lingua e axuda a mantela viva.

NON É ABONDO

Davide Cabaleiro traballa en Euskadi. Formou parte de equipos audiovisuais para producir ficcións como “Matalobos”. Tamén ten feito traballos como “Sitio distinto”, documental sobre os galegos e galegas emigradas a terras vascas. Por tanto, sendo coñecedor de dúas realidades diferentes, pódese facer con el un exercicio de comparación entre dúas maneiras de entender a creación de filmes, documentarios ou programas nunha lingua minoritaria.

“A produción en galego nunca é suficiente, sempre pode ir a máis” apunta Cabaleiro. Preguntado se existen diferenzas entre o modelo vasco e o galego responde: “Creo que se fai máis produción audiovisual en éuscaro que en galego porque hai máis promoción e máis investimento público para facelo”. Con todo, considera que “en Galicia a produción é boa mesmo non existindo suficiente investimento”.

Beli Martínez, produtora e creadora dentro do audiovisual galego, coincide con Cabaleiro en que a  produción en galego “nunca é suficiente, nunca hai produción abondo”. Non obstante, o que antes parecía unha eiva, a lingua, supón agora un factor diferencial “que o asumimos como normal, mesmo algo bo que nos pode distinguir doutras producións noutros territorios”. 

Martínez ademais remarca que actualmente a produción en Galicia “é diversa, hai uns anos cando todas as propostas que tiñan máis visibilidade estaban entorno ao documentario”. Mais a produción  audiovisual foi abríndose a novas expresións, sobre todo en ficción. “Mesmo agora parece que o documental está sendo deixado e que se aposta máis pola ficción quizais porque accede a outros orzamentos”.

É FÁCIL CREAR EN GALEGO?

A creación de ficción en galego supuxo un paso máis de cara a normalización da lingua. Este xénero supón para Davide Cabaleiro “unha maneira moi doada de promocionar a lingua, coma se non se decatasen de estaren facendo política língüística”. E aínda así, as dificultades para que un proxecto en galego saia para adiante, moitas veces dá con dificultades unha e outra vez. “No caso de O sabor das margaridas”, ningunha produtora española quixo darlle para adiante, mais Netflix non  puxo atrancos para facela en galego”.

A día de hoxe, “O sabor das margaridas” é unha das series máis vistas en Reino Unido e Irlanda. “Isto naturaliza a lingua, algo como aconteceu co Apalpador, que saíu dos centros sociais de Galicia e agora está totalmente normalizado” di Cabaleiro. A ficción de xénero negro é unha das temáticas que teñen abordado desde as produtoras galegas. Se hai algún xénero que estea sen tocar, para Cabaleiro é o histórico, porque “hai temas que non se poden tratar, porque non interesa que a xente comece a coñecer a realidade histórica”.  Corrixir puntos como este poderían, en palabras do director galego afincado en Euskadi, “dignificar a cultura, dignificar o país”.

“En todo audiovisual hai certo direccionismo”, di Beli Martínez. Con todo, a directora galega sinala que nestes últimos anos, sobre todo por parte de AGADIC, “entenderon perfectamente que había que promocionar o cinema galego e en galego como embaixador da nosa cultura”. E o control sobre todo o audiovisual galego que apuntan algunhas voces? “Controlar é complicado, mais poden rexeitar a compra de determinados filmes ou poñer dificultades no financiamento”.

E a libertade do e da artista para crear o contido que desexa? A nivel de produción agora mesmo hai certa libertade para a creación segundo Martínez que remata con que “outra cousa é o control nos medios galegos, que iso daría para falar”.

Outro punto onde coinciden as opinións tanto de Cabaleiro como Martínez está no documento realizado polo Consello de Europa sobre a situación actual do galego. “A produción en galego non é suficiente cando o Consello de Europa lle dá un tirón de orellas á Xunta pola situación do galego” di Martínez. Cabaleiro vai máis alá sinalando o “interese en facer desaparecer a identidade galega, porque hai unha verdadeira política de desaparición”.

Producir audiovisual en galego e de calidade é posible. A creación do audiovisual en galego non é suficiente, e aínda así, algúns traballos son rexeitados para triunfaren por outras vías. O galego vende, como demostraron algúns filmes de recente estrea, tamén internacionalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 uu1

Bi normativa e aproveitemos todos os contidos nas variedades do nosso idioma.

1 Non pasaredes.

Binormativa para ir colonizando Galicia e acabando co que nos fai diferentes.

2 Kastelaoradiactivo

Os choros dos vividores das subvencións do galego chegan lonxe.

1 uu1

Aqui poderdes encontrar a resposta https://www.efe.com/efe/espana/cult... mais também https://www.elconfidencial.com/cult...

1 CastelaoPaSogama

Cada vez me repuna mais esta inxeñería social, de tratar de modelar á sociedade en lugar de que cada quen faga o que lle saia dos pes. Se non me gusta a esquerda é sobre todo porque a filei en temas de liberdade individual, que é a auténtica liberdade. A esquerda vai sacar liberdades, a dicir o que é políticamente correcto, o que podemos pensar, dicir, no que nos temos que censurar, etc. Quita quita. E vos podedes poñer facendo o pino pero en Vigo, Ferrol ou na Coruña e as súas áreas de influencia non hai dios que lle meta á xente o galego. Os indíxenas viron as vantaxes do español e non hai quen lles faga preferir o carro ao tractor. Pero hai unha industria das subvencións e teñen que laiarse e dar pena para xustificar a pasta percibida en tentar facer o que saben que é imposible, pero lles permite vivir do conto. A Xunta encantada soltando pasta que así o nacionalismo está domesticado. Todo unha casa de... unha comellada, rapaces.

1 Castelaopaescola

"Cada vez Me repuna mais", en galego onde debe ir o pronome?, repuGna con G e máis (cantidade) leva til. Copiar cen veces: Cada vez repúgname máis. O de "a filei" e demais deixámolo para outra clase. Por favor, deixade de escribir galego como vos fala Feijóo. respecto!

2 CastelaoPaSogama

Mira todas esas regras están moi ben en linguas. Cando se trata de falas, o que eu escribín está perfectamente escrito. Amáis ¿ti me entendiches? Pois entonces ta ben escrito.

3 Cervantes

Castelapasogama, te entiendo perfectamente. Lo tuyo no es antigallego, es simplemente un canto a la ignorancia, campeón.

4 CastelaoPaSogama

A ti o que te proe é que Vox implante o seu programa de Subvencións cero. O demás é contó. Pero non todos os coñecementos son relevantes para todo o mundo: tauromaquia, papiroflexia, gallego, esperanto, etc.

5 Carmen Lastra

Tauromaquia si é esencial para a formación do Espíritu Nazional, paspanciño. Titulares: "Vox enfurece a los animalistas: pide 2 millones para novilladas en Andalucía", " PP y Ciudadanos se comprometen con VOX a subvencionar las corridas de toros con el 75%", "La Junta gastará 1,4 millones de euros en fomentar los toros"...

6 CastelaoPaSogama

¿A ti tamén te proe o da pasta, nonsi? Revélase nese paspanciño, que revela que no teu subconsciente teño razón e que non che sentaría nada ben que che sacasen as subvencións. Sempre se sae adiante, ánimo!!!

7 De Vox

Los toros son algo muy popular que casi todo el mundo apoya. En Andalucía todos los partidos. En Pontevedra el BNG de Lores que sabe perfectamente que de ponerse en plan antitaurino se quedaba sin alcaldía.