Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 16:03
O Parlamento galego e a Asemblea lexislativa de Salvador de Baía exploran posibles vías de colaboración, especialmente no ámbito da lusofonía.
O titular da Cámara galega, Miguel Santalices, recibiu este mércores á secretaria desta asemblea, María del Carmen Lula, quen estivo acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco.
No encontro, Santalices mostrouse receptivo á proposta da Asemblea lexislativa de Salvador de Baía e lembrou que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, en 2014, a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, xurdida por iniciativa popular.
Dita norma, conforme sinalou a Cámara galega, indica que deberán ser promovidas as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.