O Sergas mantén a "esperanza" de atopar pediatras para reabrir o paridoiro de Verín

A súa nova directora ten a intención de polo de novo en funcionamento canto antes, para o que está a entrevistar profesionais para cubrir as dúas prazas vacantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2020 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, destacou este venres que seguen "buscando pediatras" para poder reabrir o paridoiro do Hospital de Verín, despois de que a súa nova directora, Guillermina Agulla, anunciase a intención de polo de novo en funcionamento canto antes, para o que está a entrevistar profesionais para cubrir as dúas prazas vacantes.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

"Seguimos buscando pediatras", afirmou Aboal tras presentar o balance de transplantes. "Vou falar desde a esperanza, espero que os atopemos", abundou.

Aboal lembrou que "neste momento a convocatoria se pechou —o pasado 7 de xaneiro— e non se presentou ninguén". "Pero seguiremos buscando", insistiu, para lembrar que foi a segunda vez que se convocan as prazas e queda a convocatoria deserta.

Preguntado sobre se vai haber melloras na oferta, Aboal resaltou que valoran e tentan "atraer pediatras". "E isto é o que neste momento estamos a valorar", sentenciou, para asegurar que traballan nunha terceira vía.

De feito a doutora Agulla avanzou este venres que tiña previstas tres entrevistas con pediatras, dous deles vía teléfono ao ser profesionais que residen fóra de Galicia e que se interesaron polos postos fóra de prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta