A Audiencia deu credibilidade ao testemuño da vítima, que renunciou a reclamar indemnización algunha, fronte ás "lagoas e contradicións" do acusado.
  comenta   0
Os feitos remóntanse a novembro de 2017, cando o home, supostamente, abusou da menor no interior do seu vehículo, nun monte comunal de Verín.
  comenta   0
Trátase dun festival temático que busca dinamizar e poñer en valor a percusión, pero tamén darlle un enfoque pedagóxico coa participación de diferentes conservatorios da provincia de Ourense. Desenvolveráse na vila do Támega do 19 ao 21 de maio. O sábado 20 estará en concerto Odaiko Percussion Group.
  comenta   0
Entre o 12 e o 19 de maio haberá contacontos, música, a proxección dun documental e a gala musico-literaria das Letras Galegas o 17 de maio no Auditorio Municipal. Ata xullo a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia.
  comenta   0
O tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo Moura, reuniuse días atrás con Hugo Salgado, organizador da quinta edición deste evento, para coñecer de primeira man todas as novidades. O festival será os días 25, 26 e 27 de agosto.
  comenta   0
Será o vindeiro luns 1 de maio, na Praza da Alameda, e haberá dez centros de ensino e asociacións participantes que amosarán os seus traballos florais. Os mesmos colectivos participaron tamén na elaboración de coplas, editadas polo concello, que se poderán mercar con fins solidarios.
  comenta   0
Foi atopada por técnicos da Denominación de Orixe e do Museo do Viño de Galicia no arquivo do comerciante Recaredo Romero de Verín.
  comenta   0
O aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá esta formación do 1 ao 4 de maio grazas a unha iniciativa da Escola de Teatro Kotodama. O final da formación consistirá nun espectáculo de rúa pola vila do Támega.
  comenta   0
O Concello de Verín vén de publicar as bases para participar na confección de Maios e na elaboración de coplas que se darán a coñecer o día 1 do vindeiro mes. Das coplas farase unha edición única e conxunta con obxectivos culturais e solidarios; aqueles que fagan doazóns a favor da loita contra o cancro terán un dos 800 exemplares impresos.
  comenta   0
Para rescatar ao ferido, que estaba atrapado dentro do coche, desde o 112 Galicia avisouse aos bombeiros de Verín, que facilitaron o acceso dos sanitarios ao condutor.
  comenta   0
O futuro novo escaparate ao mundo dos viños de Monterrei contará con 500 m2 na antiga adega de Recaredo Romero, nas traseiras do edificio modernista do mesmo nome.
  comenta   0
Será a número dous na candidatura dos nacionalistas que encabezará Secundino Fernández. Comprométese así coa súa terra de orixe e "co obxectivo de recuperar a alcaldía".
  comenta   0
O Concello de Verín retoma a súa tradicional festa patronal e presenta para a fin de semana do 25 e 26 de marzo un completo e variado programa de actividades enfocadas para todos os públicos.
  comenta   0
Foi ante alcaldes de vilas termais de toda España que coincidiron días atrás no XVI Encontro Nacional no municipio ourensán de Arnoia onde tivo lugar a Asemblea de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais.
  comenta   0
A inauguración foi o pasado 12 de marzo na Avenida de Castela e no monumento pódese ler: "Se non tes unha, nunca o entenderás".
  comenta   0
Este 2023 viviuse sen restricións sanitarias e cun gran ambiente, mais aínda non se recuperou o nivel de participación de comparsas e cigarróns pre-covid. Falamos con Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos.
  comenta   0
Os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril, a Biblioteca Municipal converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica. “Historia e Misterios" será o fío condutor deste ano.
  comenta   0
A vila do Támega quere ingresar na lista das cidades que, coma Londres, Nova Orleans ou Venecia, contan cunha obra orixinal de Banksy. Para provocar esa posibilidade homenaxea ao senlleiro artista cunha exposición ao aire libre con 25 réplicas das súas obras e convídao para que veña pintar alfo sobre o Entroido.
  comenta   0
É obra do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira. Este xoves 9 de febreiro abriu tamén a tenda oficial para poder mercar diferentes produtos do entroido 2023.
  comenta   0
Ademais dos Bombeiros, no operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, e foron informados os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal.
  comenta   0
Un total de 1600 persoas participaron nas actividades que se desenvolveron os días 27 e 28 de xaneiro no Auditorio de Verín. Foron coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín.
  comenta   0
O Concello lanza unha aplicación móbil para acceder a datos da festa e poderase seguir a localización das charangas en tempo real.
  comenta   0
O Concello de Verín formalizou días atrás a cesión do terreo situado en Caldeliñas á Fundación San Rosendo. O destino do mesmo será a construción e posta en funcionamento dunha residencia para o coidado e atención de persoas maiores.
  comenta   0
Xa hai imaxe oficial do entroido desta localidade. É obra de Iago Blanco, un verinés que buscou "exaltar e homenaxear á muller no entroido".
  comenta   0
Foi unha iniciativa do concello co obxectivo de achegar asuntos da vida pública ao alumnado de Primaria e de ESO. Participaron máis de 120 alumnos e alumnas e a igualdade foi un dos eixos temáticos.
  comenta   0
O concello vén de abrir o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 de febreiro.
  comenta   0
A EOXI de Ourense-O Barco-Verín contratou os servizos de vixilancia e seguridade a un grupo de empresas que nestes momentos adebedan varias nóminas aos e ás traballadoras. Algunhas das empresas deixaron de reponder ás chamadas de empregados e contratantes para aclarar os motivos dos impagamentos. Algúns xuízos individuais resolveron favorablemente a algúns traballadores, non obstante, a cantidade adebedada pola última empresa é de case un ano.
  comenta   0
As actividades comezaron o pasado 9 de decembro e estenderanse ata o 7 de xaneiro de 2023. A Asociación de Comerciantes da vila repite a campaña "Os 6000 de Verín" e prepara outras actividades infantís e unha Gala de Nadal.
  comenta   0
O mercado de Nadal, situado na Praza García Barbón do 9 ao 11 de decembro, contará con 24 postos de artesanía e alimentación ademais de animación musical e actividades infantís. O día 10 está programada unha andaina solidaria para recadar cartos para colectivos vulnerables.
  comenta   0
Unha gala daralle a benvida o 30 de novembro. Chega da man da Fundación Dentalnova, entidade que busca a concienciación sobre o coidado bucodental con varias actividades arredor deste famoso personaxe.
  comenta   0
Esta acción de goberno, así como outros proxectos nos que traballan, serán posibles grazas á contratación dunha operación de crédito a curto prazo por un valor de 2.600.000 euros que se aprobou en sesión plenaria o pasado 18 de novembro.
  comenta   0
O Concello de Verín xa conta con paneis solares que fornecerán a enerxía eléctrica para tanto para o seu autoconsumo como para a súa climatización.
  comenta   0
O concello vén de rematar a segunda fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
  comenta   0
O Concello de Verín promove desde o ano 1997, e agás no período 2020-2021, actividades formativas que teñen como obxectivo preservar e promover o cigarrón, a máscara con máis significado patrimonial do Entroido de Verín.
  comenta   0
O concello suma cinco novas obras en espazos da cidade e traballa na creación do roteiro expositivo ao aire libre "Verín, territorio Banksy".
  comenta   0
Nesta festa, que terá lugar os vindeiros días 7, 8 e 9 de outubro, poderanse degustar máis de 20 cervexas nacionais e internacionais, ademais dunha completa selección de produtos gastronómicos alemáns e galegos. No apartado de concertos estarán 'Guezos' e 'La Banda de Ayer'.
  comenta   0
O Concello de Verin participou na Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar que rematou este 30 de setembro en Expourense. Nesta edición, e cun stand individual, puxo en valor o potencial termal da vila.
  comenta   0
Despois de “Home nú pendurado da fiestra”, agora é outra das pintadas máis famosas deste artista a que apareceu na vila do Támega, concretamente na rúa da Cruz.
  comenta   1
O festival vigués naceu hai seis anos como unha mostra de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia. Este ano o Festival Internacional de Curtas de Verín quixo render homenaxe a este evento único traendo ata a vila do Támega algunhas das súas proxeccións.
  comenta   0
Así o puxo en valor Carlos Montero, director do Festival, na clausura deste domingo 4 de setembro. Na intervención de Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, referiuse á vila como unha “illa cultural” no sur de Galicia por "concentrar nos últimos anos a maior actividade das industrias culturais do sur da provincia de Ourense".
  comenta   0
A relación entre a música e o cinema, un dos eixos principais deste festival de curtas, foi protagonista no acto inaugural. Casperverk Trío musicalizou o filme "The cameraman" de Buster Keaton. Ata o 4 de setembro Verín respirará cinema coa proxección das curtas a concurso e unha chea de actividades paralelas.
  comenta   0
A relación entre a música e o cinema, un dos eixos principais deste festival de curtas, foi protagonista no acto inaugural. Casperverk Trío musicalizou o filme "The cameraman" de Buster Keaton. Ata o 4 de setembro Verín respirará cinema coa proxección das curtas a concurso e unha chea de actividades paralelas.
  comenta   0
O evento, que engloba deporte, música e arte, terá lugar os días 26, 27 e 28 de agosto. As actividades son todas de balde e desenvolveranse na zona verde situada na contorna da Preguiza.
  comenta   0
As XXXVII Xornadas de Folclore que organiza a Deputación de Ourense traerá á vila do Támega grupos de Colombia, México e Timor.
  comenta   0