Temas: CUNTIS

A reacción dunha monitora evita un accidente dun autobús escolar en Cuntis tras desmaiarse o condutor

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Unha monitora que circulaba nun autobús escolar durante unha ruta evitou un accidente á primeira hora deste martes no municipio de Cuntis.

Colexio Don Aurelio de Cuntis.
Colexio Don Aurelio de Cuntis.

O vehículo iniciou ás 08.00 horas o seu percorrido habitual para recoller aos nenos, en dirección ao centro Don Aurelio de Cuntis. Tras a primeira parada, onde se subiron dous escolares, e cando circulaba entre Loureiro de Arriba e de Abaixo, o condutor comezou a marearse e desmaiouse.

Nese instante, segundo relatan fontes de Protección Civil, a monitora que se atopaba no autobús escolar reaccioniou rapidamente suxeitando o volante, para posteriormente sacar o vehículo da estrada a man dereita, a unha parte máis chea.

Os servizos sanitarios trasladaron o condutor a un centro médico e varios pais acudiron ao lugar para levar aos seus fillos.

Temas: CUNTIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta