Miranda pide incluír a Galicia no fondo de transición xusta do Pacto Verde Europeo

O BNG urxe ao Goberno conformar a mesa de traballo para elaborar o convenio de transición xusta para As Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considerou "imprescindible" que Galicia estea incluída no fondo de transición xusta votado este mércores na Eurocámara dentro do Pacto Verde Europeo.

"É imprescindible que tanto a Xunta como o Goberno central presenten unha proposta para evitar que Galicia quede marxinada", sinala nun comunicado, no que asegura que "está en xogo o presente e, sobre todo, o futuro para poder facer unha transición ecolóxica e social xusta".

Ana Miranda, que asegurou que o impacto socioeconómico "é enorme", incidiu en que Galicia "non pode quedar atrás de ningún xeito". "E o Estado ten que incluíla cun plan de acción, tal e como pediu o BNG no acordo de investidura", sinala.

"Existindo uns obxectivos claros para realizar a transición ecolóxica e a mobilización de fondos, Galicia ten que contar á hora de tomar decisións no futuro da descarbonización, en especial pola afectación en comarcas como Ferrolterra e, en particular, co peche da central de Endesa", indicou.

PETICIÓN NO CONGRESO

Por outra banda, o BNG esixiu ao Goberno que se conforme de forma inmediata a mesa de traballo para a conformación do convenio de transición xusta para As Pontes ante a "situación de incerteza" que viven os traballadores afectados.

Imaxe da delegación do BNG en en Bruxelas o pasado mes de decembro. BNG
Imaxe da delegación do BNG en en Bruxelas o pasado mes de decembro. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta