Temas: BNG CAZA

O BNG pregunta se a dimisión dun cargo da Xunta está relacionada coa denegación de permiso para un evento de caza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2020 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O campionato provincial de caza do raposo de Lugo, previsto para o pasado sábado en Monforte, foi suspendido pola organización por non contar coa a autorización do xefe de servizo provincial de Patrimonio natural, da Consellería de Medio Ambiente.

O deputado do BNG Luís Bará nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia
O deputado do BNG Luís Bará nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia

O BNG rexistrou unha batería de iniciativas para aclarar esta situación, posto que este cargo presentou a súa dimisión esta mesma semana para, acto seguido, ser autorizada a celebración do campionato galego para este sábado en Triacastela e Láncara.

Neste sentido, o deputado Luís Bará pregúntase se a renuncia está relacionada, precisamente, coa denegación para autorizar dita proba e o criterio da Administración pública para autorizar o campionato, tras reiterar que o BNG considera "aberrante" que se lle deste formato por equipos a "unha matanza indiscriminada".

Temas: BNG CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta