GC Aberto

O devir político no tempo

En menos dunha década o espírito de rexeneración do 15- M, pasou de ser unha esperanza para transformarse nun fracaso, quedando en auga de borraxes non tan só as promesas de renovación ideolóxica senón tamén a solvencia do seu propio modelo orgánico.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 24/01/2020

Comparte esta noticia

Pablo Iglesias
Pablo Iglesias | Fonte: @ Miguel Núñez.

O tempo, é sen dúbida  o noso  inseparable compañeiro de fatigas, que curiosamente, sen ter  posibilidade de elixir estamos obrigados  a soportar durante o transcurso  dese  episodio que é  a nosa vida, pois se instala  nela non máis nacemos, para apearse cando chega o desenlace; por tanto, o tempo resulta ser  testemuña permanente da nosa existencia, o agregado natural  das nosas  vivencias e por tanto,  o factor  característico da nosa experiencia, pero esta concepción do  tempo, ten  de interpretarse no contexto dunha noción espacial   taxativa,  suxeita á  idiosincrasia do individuo como ámbito de referencia.

 

Aspecto distinto é o tempo como factor político, neste caso o establecemento da súa orixe e extinción,  excede a demarcación da existencia material do  individuo para converterse nunha   etapa  de duración indeterminada, por canto,  os colonos da política, por difusión  xeracional  seguen sementando o pretérito, que unha vez colleitado  continúan poñendo  en mercado  coa diferenciada denominación de orixe de dereitas ou esquerdas.

 

Estes  precintos  trasnoitados, para nada acomódanse á realidade dos novos  tempos, tan só atenden á  estratexia  de comercialización política   de quen aposta por manter distincións de confrontación  e xustificar tras ese xogo de  taxonomía, a confusión  en vantaxe das súas propias ambicións. 

 

Vén a colación  o exposto, por canto, na política    a indulxencia debe ter o seu ámbito delimitado pola fronteira  da racionalidade, e cando esta excédese coa aplicación incoherente de maximalismos disidentes ou realidades contrapostas, entón, a afronta  social está servida e por correspondencia a réplica é obrigada.

 

Actuando en quenda  discrepante, hei de manifestar  que  cando os resultados electorais non son os esperados e a conformación da  gobernabilidade institucional  precisa de dependencias ou alianzas, non é de recibo acollerse á baza do  artificio, resucitando a caduca etiqueta de dereitas e esquerdas ou a interesada  afinidade de  analoxía  ideolóxica, maiormente  cando ambos os argumentos,  á parte da súa polémica  lexitimidade,  teñen o agravante de ser un mero  pretexto  condicional, ou o que é o mesmo unha tapadeira de afianzamento para acceder ao poder contra vento e marea.

 

Quen exerce como cidadán instalado  en premisas  de tolerancia pragmática, arraigadas conviccións e libre pensamento, resúltalle  insoportable tolerar  que a clase política   versione o obxecto das súas ambicións tras un guión de concreción interesada onde a saturación de incongruencias e os   desaxustes coa realidade, poñen de manifesto, que tras a súa  mensaxe subliminar  subxace   a existencia dun conflito de intereses persoais.

 

A práctica política dos novos tempos, refugou o argumento heteroxéneo das ideoloxías,  por canto, á marxe  do significado  definitorio do concepto  de dereitas  ou esquerdas,  os actores  exercentes  dun e outro signo , expresan coas súas prácticas  a súa intención de converterse  en profesionais   da cousa pública, impoñendo como obxectivo preferente o  patrocinio das súas particularidades  sobre labores dinamizadores do interese xeral que  debesen ser o ineludible  dentro  da orde de preferencias.

 

Vivimos asomados a unha realidade contraditoria, podendo observar desde a mesma,  como os administradores dos idearios sucumben ante  as vantaxosas contrapartidas que a actividade política les depara, e así, con toda  naturalidade propician  a contradición  que supón promover  a denuncia  das desigualdades, ao mesmo tempo, que coas súas excedidas retribucións, insolidarias contrapartidas e desaforadas melloras,  potencian a consolidación das discriminacións.

 

É preocupante a actual  crise de valores que padece a clase política como  a súa carente vocación de servizo, resultando  inaudito  que o papel dirixente e formalmente representativo que lles está asignado   sexa   relegado a un segundo plano.

 

Os herdeiros    daquel terremoto socio-político  promovido polos movementos espontáneos, que en réplica diverxente,  cuestionaban  o sistema político xurdido da Transición, a pesar da súa aceptación social  e a forza electoral adquirida nas súas orixes, quen entón clamaban con aquel "non nos representan", non pasaron do discurso de rexeneración e indignación evitando  afrontar o desenvolvemento das súas reivindicacións, o que lle causou a perda da transversalidade ideolóxica . converténdose así nunha organización que xa ten no seu seo o que censuraba aos partidos da caste non quedándolle nada da esencia que prometeron  manter como nova forza política.

 

Por tanto, non é tempo de abrir un debate de distinción formal  sobre as vantaxes ou inconvenientes existentes entre o progresismo das  esquerdas ou o absolutismo das dereitas visto a súa concorrencia no común denominador do neoliberalismo, converxencia que fai absurdo entrar en  disquisicións de rivalidade distintiva cando mesmo os partícipes  no destacamento  popular mobilizador do 15 M, foron  conducidos  dócilmente  ata o  curral institucional do Réxime político resultante da pasada ditadura.

 

Agora o único  que nos queda   é acometer a rexeneración   da vida política,  descabezando aos  malversadores de liderados, pois esa que non outra  é a partitura dos novos tempos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta