A Coruña, cidade escollida pola Fundación Princesa de Girona para galardoar o emprendemento

No Centro Ágora concentraranse 300 mozos e mozas para resolver un reto de máxima actualidade e que hoxe preocupa moito á nosa sociedade: "Só na casa: ideas para previr a soidade das persoas maiores".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un ano máis, a Fundación Princesa de Girona sae de xira no primeiro trimestre do ano para proclamar os gañadores dos seus Premios anuais nas categorías de Investigación Científica, Social, Artes e Letras, Empresa e Internacional. A Coruña será, entre outras, unha das cidades que acollerá a celebración dos actos.

Un grupo de universitarios
Un grupo de universitarios | Fonte: murciaemprende

Se o ano pasado Santiago de Compostela acollía o anuncio do Premio Investigación Científica, o próximo 28 de febreiro será a cidade da Coruña a elixida para a proclamación do Premio FPdGi Social. No Centro Ágora da cidade concentraranse 300 mozos e mozas para resolver un reto de máxima actualidade e que hoxe preocupa moito á nosa sociedade: "Só na casa: ideas para previr a soidade das persoas maiores".

A presentación de candidaturas á undécima edición destes galardóns -segunda edición no caso da categoría Internacional- pechouse o pasado mes de outubro e agora os xurados de cada ámbito traballan na selección de candidatos.

Valencia, Logroño, Toledo e Girona serán as outras catro capitais onde se desenvolverá o encontro. Neles organizarase un taller de innovación disruptiva dirixido a un máximo de 300 mozos e mozas e liderado polo emprendedor Xavier Verdaguer, e un evento especial e

dinámico onde un xurado de expertos, reunido pola mañá na cidade, anunciará o gañador de cada categoría. Os actos contarán, ademais, coa colaboración do humorista e xornalista Juan Carlos Ortega, gañador do Premio Ondas 2016, entre outras intervencións, e coa participación de premiados da FPdGi destes 10 anos.

MOCIDADE VISIBLE

A iniciativa pretende aumentar a visibilidade da mocidade e a súa presenza social ao premiar anualmente a traxectoria de cinco referentes que destacasen pola súa actitude emprendedora e innovadora, así como pola súa capacidade de transformación. A FPdGi reafirma cos Premios o seu compromiso coa construción dunha comunidade na que formación, esforzo e talento garantan oportunidades de futuro para a mocidade.

Os Premios Fundación Princesa de Girona están dotados con 20.000 euros. Os actos que proclamarán a cada unha das persoas gañadoras contarán coa presenza de autoridades, expertos do ámbito do premio e membros da sociedade civil, ademais dos mozos, e neles participarán os premiados de edicións anteriores. Trátase, en definitiva, de eventos que poñen en valor os activos da FPdGi e o protagonismo da rapazada no futuro e no presente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta