O BNG esixe ao Goberno que respecte a forma galega dos topónimos na páxina web de Muface

Néstor Rego trasladou unha pregunta escrita para saber por que o Estado incumpre a lei de normalización lingüística.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2020 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha pregunta escrita ao Goberno central "para saber por que o Estado segue incumprindo a legalidade" e "non respecta a forma oficial dos topónimos galegos".

O deputado do BNG, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

E é que, segundo explica o Bloque, a nova páxina web da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), adscrita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública, incumpre a lei de normalización lingüística ao incluír na listaxe das súas oficinas as cidades de 'Orense' e 'La Coruña'.

Neste sentido, o BNG lembra que a toponimia oficial de Galicia foi establecida polo artigo 10 da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística de Galicia.

Paralelo a todo iso, a formación nacionalista insiste nas recentes recomendacións que o Consello de Europa dirixiu a España, advertindo que está "a incumprir as súas obrigacións como asinante da Carta Europea das Linguas" e que "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 aNTS

Os do bng son os primeiros que deturpan a lingua, metendo palabras coma "crianza" que nunca existiron ou poñendo articulo diante de Galicia, que nunca na historia tivo.

1 Sentidiño

Si "existen" (en tempo presente, non na antigüidade) a Galicia, a Francia, a América, a Arxentina, a China, a Guinea, a Inglaterra, a Irlana, a Sudáfrica,... ; e o mesmo para o Brasil, o Uruguai, o Paraguai, o Perú, o Xapón,...

2 dvgZ

Galicia nunca tivo artigo diante, só é por copiar os portugueses, ten que dicirse "de Galicia/Galiza" non "da Galicia/Galiza."

3 Lóstrego

E para os nomes propios de persoas, aínda que se está a perder o seu uso (A Carme, o Xacobe, a Carolina, o Antón...)

4 Sentidiño

N'A terra asoballada, Cabanillas cantoulle 《En pé》 á bandeira DA Galicia (sic). Así a aprendín eu nos libros, e así a cantaba Juan Pardo nos anos 70.

5 SCaR

Cabanillas é un exemplo entre 7 millóns que non usan artigo.