A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

23 Procolass

O do MGS sabíao todo quisque menos eles mesmos. O can é útil para lle ladrar aos pobres, pero para falar cos ricos é mellor que estexa ben atado. A ver se así van caíndo da burra éstes do MGS.

22 Roi Xordo

1º) Se o BNG repite 12 ABRENTE tería un terzo; e se saen os 9 da enquisa de LVG igualmente tería un terzo. 2º) En Amio +G e Beiras tiveron un 46%; tendo en conta a escisión de parte de tal sector, un terzo semella xusto, inda que ABRENTE debía abrir outra provincia (por exemplo co nº 2 da Coruña). 3º) Cualificar a Aymerich de coruñesista é unha chorrada. 4º) As primarias de CxG foron unha tomadura de pelo: ¿¡unhas primarias cun único candidato para cada posto?!. 5º) En AGE: ¿quén elixiu a Beiras? ¿Cando se celebrou a asemblea? ¿Ú-lo lugar en que se xuntaron? En ANOVA só interesa que Beiras sexa deputado e que IU pague a campaña electoral. E ámbalas dúas cousas resólvense mellor nunha mesa camilla negociando. 6º) ¿Alguén chora porque o MGS non vaia estar no Parlamento? Eu abofé que non.

1 Dúbida

O Aymerich, non era ése que ía deixar a primeira liña e marchar para dar clase na Universidade ?.

2 antonino

ese ese. Aymerich e un comisario político de Pacorro dende que o encantou como unha serpre en Madrit

3 Roi Xordo

O Beiras non é ese que dixo en Amio, "se non me votades non pasa nada"? O Beiras non é ese que dixo que estaba de retirada e que non quería ningún cargo público? O Beiras non é ese que era nacionalista galego e agora é de Izquierda Unida?

4 NonCuspasPraRiba

Roi tés a túa parte de razón, pero grazas a insubordinación de Beiras aínda temos algunha posibilidade de tumbar os fachas, Beiras abríu unha nova vía que vai acumular moitos (non che sei cantos) pero moitos votos que doutro xeito se perderían, porque somos moitos nacionalistas os que non nos da a gana de votarlle ó bng, polo que, xa se vera, é probable que a manobra de Beiras sexa a clave pra derrotar a Feijoo, ó tempo...

5 cambios

Roi, tranqui, home. Se Aymerich dicia que voltaba á universidade e agora cambia de opinión e quere seguir de deputado, pois non pasa nada. Hainos que queren seguir para non reincorporarse á dura vida da empresa privada ou do paro. Son cambios.

6 Roi Xordo

"NonCuspasPraRiba", poderías ter razón no que atinxe ás provincias de Pontevedra e A Coruña. Mesmo non só poderías, senón que coido abondo probable que a teñas (a miña visión é moito máis longa e ampla cá da UPG, ¡emprego faros Xenon!). Pero non así nas provincias do interior (Lugo e Ourense), nas que Beiras pode facer perder ó BNG 2 deputados, sen en troques gañar ningún, polo que se non caen do lado do PSOE e si do lado do PP, cousa abondo probable, de nada valeu todo o que eventualmente Beiras poida facer na Coruña e Pontevedra. E estas cousas hai que pensalas cando aínda se está a tempo, que logo non teñen volta atrás. Xa sen contar o enorme favor de futuro que lle fai a Izquierda Unida e ó PCE.

21 antonino

Xose Emilio Vicente, Noa Presas deputados galegos...mi madriña que pais. Quen o veria ca sudadera con capucha e cas botas de trekking no parlamento jajajaja............

20 Pastelao

El quem queríades que ocupasse os postos de saída no Bloque, Rafa Villar e a sua prima?

19 Pastelao

El quem queríades que ocuipasse os postos de saída no Bloque, Rafa Villar e a sua prima?

1 Preocupado

Ahí si que hai que darche a razón, por mín como si poñen ó apostol Santiago e a seleción galega de cabaret, e invitan a marisco, o meu voto e os do meu entorno non os cheiran