Por E.P. | Bilbao | 04/04/2022 | Actualizada ás 20:02
A directora xeral de Planificación Enerxética e RecursosNaturais, Paula Uría, destacou este luns en Bilbao as capacidades da industria galega no ámbito da enerxía eólica mariña e que o seu desenvolvemento debe pasar sempre por garantir a súa compatibilidade coa actividade pesqueira e a preservación do ecosistema.
Na súa intervención na mesa redonda de apertura do seminario sobre enerxías renovables offshore organizado en Bilbao pola Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) e a WindEurope Conference, a directora xeral incidiu en que Galicia, ademais de ser a zona con maior recurso eólico offshore da Península Ibérica polas súas condicións de vento, é tamén unha potencia a nivel industrial.
Neste sentido, lembrou que das 13 estruturas flotantes realizadas no mundo, 11 realizáronse en Galicia, o que, segundo sinalou, demostra o papel que están a xogar tanto as grandes empresas tractoras como as pemes que fabrican compoñentes no marco de toda a cadea de valor desta tecnoloxía. Paula Uría destacou que estas empresas galegas están a apostar claramente polo impulso da internacionalización dos seus produtos, do seu know-how e da súa tecnoloxía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.