Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 17:06
A Policía Nacional abriu unha investigación pola suposta compra a través de Internet dun fármaco empregado para a eutanasia no marco da que se tomou declaración a varias persoas en Galicia.
Así o informaron fontes próximas á investigación, que leva a Policía Nacional desde Madrid e que afecta a persoas de varias comunidades autónomas.
No caso concreto de Galicia, a Policía Nacional tomou declaración a "dúas persoas" no marco das pescudas.
A investigación céntrase na "sospeita", incidiron as mesmas fontes, da suposta compra a través de Internet dun fármaco empregado para facilitar a eutanasia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.