Feijóo: “Seguimos sufrindo ataques de lobos e xabaríns e iso que se están cazando máis que nunca”

A Xunta duplicará as axudas para previr e paliar os danos provocados por estes animais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta criticou este xoves duramente a proliferación de ataques de lobos e xabaríns a explotacións gandeiras e agrícolas e dixo que estes ataques “están causando danos importantes”. Así, e aínda que fendeu as batidas “autorizadas” para rematar con esta situación, dixo que “non son suficientes”. 

Un xabarín nun campo de millo
Un xabarín nun campo de millo | Fonte: www.zoowebplus.com

“Seguimos sufrindo ataques de lobos e xabaríns que causan danos importantes e, iso, con independencia de que se están cazando máis que nunca con batidas autorizadas”, espetou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así lembrou que a pesar das máis de 32.000 batidas, o sector gandeiro e agrario segue queixandose dos ataques.

Por iso, o Consello da Xunta incrementará as axudas para compensar os danos que provocan o lobo e o xabaril, para o que destinará case tres millóns de euros, fronte aos 1,4 destinados no anterior exercicio.

Así, nas vindeiras semanas o Diario Oficial de Galicia publicará as tres ordes de axudas, polas que se establece unha contía de 400.000 euros para paliar os danos producidos polo lobo, o que supón un incremento do 14% con respecto á contía de 2019; 2.241.000 euros para as axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas, liña que se incrementa nun 176%; e, por último, unha contía global de 350.000 euros para prever os danos producidos por ambas as especies, un 14% máis que na anterior convocatoria.

As axudas de compensación de danos están dirixidas a propietarios do gando que resulte afectados por ataques de lobos dentro de Galicia e inscritos no Rega (Rexistro de Explotacións Gandeiras) e os agricultores inscritos no Reaga (Rexistro de Explotacións Agrarias) ou os de explotacións agrarias de autoconsumo que fosen afectados polos danos ocasionados polo xabaril. 

Estas axudas, segundo dixo Feijóo, destinaranse a sufragar os danos producidos polo lobo que se teñan denunciado a través do teléfono 012 e que rexistraran desde o 1 de outubro de 2019 (ata o 30 de setembro de 2020); así como os danos producidos polo xabaril na comunicados desde o 11 de outubro de 2019 (ata o 10 de outubro de 2020). No caso das axudas para previr os danos producidos por determinadas especies de fauna silvestre, deberán solicitarse no prazo dun mes contado a partir da data de entrada en vigor da orde

de convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Eduardo Pino Martínez

No monocultivo de eucalipto só medran Ence e os amigos do PP. Non hai lombrices, nin escarabellos, nin ratos, nin toupas, nin erizos, nin coellos, nin pájaros, nin corzos.... O xabarin non ten nada que comer. Logo busca comida donde pode. O lobo pásalle exactamente igual. Entérese señor Feijoooo e señor José Gonzalez.

3 Ana Pazos

Hay una mala gestión del Lobo ,las ayudas llegan tarde mal y arrastro,las batidas atentan contra el ecosistema y están mal planificadas .No se puede matar al macho Alfha pues la manada queda desestructuradas y disgregada ,algunos Lobos solitarios al no tener ayuda ,mata lo más fácil que ve o sea ganado en la mayoría en libertad ,sin apenas vigilancia,sin vallados ,sin mastines,y sin muchas medidas disuasorias que evitarían estos famosos ataques a la ganadería.Los jabalíes lo mismo,al matar al lobo el jabalí se reproduce .Entonces estudien más cómo funcionan los ecosistemas y díganle a los ganaderos que evitarían menos ataques previniéndolos!!!!!!! Y que cuando los haya que paguen lo que tengan que pagar y a su tiempo. El Lobo tiene derecho a vivir también en sus bosques .Gestionen mejor todo!!!!LOBO VIVO Y PROTEGIDO!!!

2 Sentidiño

O pior xabarín é o xabarín ferido...

1 José

Ano de elecións, xa está este homiño tirando de chequera, pero desta van tiralo a él ao mar..