Localizan morto en Avión un veciño desaparecido a noite do venres

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/02/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias localizaron este sábado o corpo sen vida dun veciño de Avión (Ourense) que fora dado por desaparecido na noite deste venres.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Segundo a información do 112-Galicia, foron os efectivos do GES da localidade e axentes da Garda Civil os que localizaron o corpo nunha zona de monte do lugar de Praza sobre as 17,30 horas.

En concreto, o 112 tivo coñecemento de que o home desaparecera ao redor das 15,00 horas, a través da chamada dun particular, que explicaba que se lle perdeu a pista a noite anterior.

Nese momento activouse un operativo de procura coordinado pola Garda Civil, no que participaron efectivos do GES de Avión, Protección Civil e Policía Local que, finalmente, atoparon o corpo do home. As forzas da orde investigan as circunstancias dos feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta