Tres radares na provincia de Pontevedra, os que máis multan en Galicia

A comunidade galega é a cuarta con máis denuncias por exceso de velocidade en 2024, con máis de 312.000.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/07/2025 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Tras radares na provincia de Pontevedra, dúas na A-55 e outro na A-52, son os que máis multan en Galicia, ademais de situarse no top 30 de toda España, segundo un informe de Automobilistas Europeos Asociados (AEA) publicado este luns.

En concreto, na A-52 (autovía das Rías Baixas que une Galicia con Castela), punto quilométrico 282, atópase o radar con máis denuncias na comunidade en 2024, cun total 17.221, o que supón un repunte do 28,6% respecto de 2023. Séguenlle dous radares na A-55 (que une Vigo coa fronteira portuguesa), nos puntos quilométricos 11 e 9, con 17.035 e 16.090 denuncias, respectivamente.

Xa na provincia da Coruña, o radar que máis multa está na AG-55 (punto quilométrico 11), que une A Coruña con Carballo, con 13.492 denuncias. No caso de Lugo, está na autovía A-8 (une Lugo con Asturias), quilómetro 545, con 12.469 denuncias. Ambos están no top 50 dos que máis multan no país. A máis distancia destas cifras atópase o que máis multa na provincia de Ourense, na estrada N-120, quilómetro 459, con 3.235 denuncias.

CUARTA COMUNIDADE CON MÁIS EXCESOS DE VELOCIDADE

Pola súa banda, o global de Galicia rexistrou 312.336 denuncias por exceso de velocidade en 2024, cuarta maior cifra total entre comunidades, só por detrás de Andalucía (959.592), Castela e León (413.343) e Comunidade Valenciana (366.360). No entanto, as denuncias na comunidade galega caen un 12,2% en comparación coas 355.795 que se computaron en 2023.

Arquivo - Imaxe da estrada C-59 onde entrarán en funcionamento dous novos radares de tramo. TRÀNSIT - Arquivo
Arquivo - Imaxe da estrada C-59 onde entrarán en funcionamento dous novos radares de tramo. TRÀNSIT - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta