Rebaixan a pena para o acusado de abusar de 14 nenas na Coruña

O Ministerio Público solicitaba inicialmente 51 anos de prisión para este home, que se declarou "culpable".

Por E.P. | A CORUÑA | 04/02/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O home acusado de abusar sexualmente de 14 menores na Coruña, ás que seguía aos seus domicilios ao saír do colexio e sometía a tocamentos nos portais das súas vivendas, declarouse "culpable" de todos os delitos dos que se acusa, fóra dun, e o fiscal rebáixalle a solicitude de condena de 51 a 38 anos de prisión.

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este luns o xuízo contra este home, para quen a Fiscalía inicialmente solicitaba 51 anos de cárcere. No seu escrito de conclusións finais, rebaixou a pena a 38 anos de prisión ao entender que xa non concorre o agravante de reincidencia por antecedentes penais.

Ante o tribunal, o acusado recoñeceu cometer todos os delitos dos que se lle acusan, fóra de un que, presuntamente, se cometeu días antes da súa detención, en xaneiro de 2019. Así mesmo, na última quenda de palabra, o home pediu desculpas.

"EXCITÁBAME"

O home explicou que seguía as menores ata o seu portal e alí "tocáballes o cu" porque lle "excitaba" o contacto físico con menores. A maioría das vítimas tiñan unha idade comprendida entre os 14 e os 16 anos. O acusado, segundo el mesmo declarou, non está a tratamento psiquiátrico nin tampouco padece enfermidade mental ningunha.

O escrito de acusación do Ministerio Público indica que, entre xuño de 2018 e xaneiro de 2019, o acusado trasladouse ata a cidade da Coruña e, "con intención de satisfacer os seus desexos sexuais", aproveitou o horario no que as nenas saían dos seus colexios e se dirixían andando aos seus domicilios para "seleccionar ao azar" a algunha delas que "camiñasen soa" e seguila.

Unha vez na súa vivenda, o home accedía detrás da vítima ao interior do portal, onde realizaba tocamentos de carácter sexual por dentro da roupa das rapazas e, posteriormente, se daba á fuga.

MESMO MODUS OPERANDI

Ante o tribunal declararon as vítimas, quen relataron como foron os feitos, do que se desprende que o procesado seguía sempre o mesmo 'modus operandi': entraba nun portal sen que a menor se dese conta e despois achegábase para subirlle a saia e "tocarlle o cu" e, a continuación, saía fuxindo.

Todas as vítimas coincidiron en destacar que, tras o sucedido, non se senten "seguras" cando camiñan soas pola rúa. Unha delas mesmo segue a tratamento psicolóxico porque ten problemas de ansiedade. "Non me sinto segura, creo que me perseguen", declarou unha das menores.

Hai un caso que difire do resto. Trátase de dous menores que terían sido atacadas polo procesado no portal dunha delas; pero, a diferenza do resto de casos, neste o procesado chegaría a tocar a cara, a vaxina e os peitos ás nenas. "Tocoume por todo", sinala unha destas menores, quen relata como o acusado, antes de realizar tocamentos, as chamou "guapas".

REBAIXA DA PENA

A Fiscalía, que inicialmente solicitaba 51 anos de prisión para o acusado, rebaixou a 38 anos de prisión ao entender que xa non concorre a agravante de reincidencia por antecedentes penais.

Ademais, Fiscalía reclama que non poida achegarse a menos de 500 metros nin comunicarse con ningunha das vítimas por un período de entre catro e oito anos, e que non poida exercer un traballo que implique contacto con menores. Adicionalmente, esixe para cada unha das vítimas indemnizacións de entre 1.000 e 2.000 euros.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta