Foxe despois de chocar contra un coche da Garda Civil e ocultarse nunhas silveiras

A Benemérita trata de localizar a este veciño de Ferrol que circulou polo carril contrario ao sentido da marcha.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Garda Civil trata de localizar a un veciño de Ferrol que sobre as 23,00 horas deste martes, 4 de febreiro, protagonizou unha persecución. En concreto, fuxiu á carreira despois de chocar contra un coche da Garda Civil tras circular de maneira temeraria por Narón (A Coruña).

O home, ao que lle constan antecedentes por varios delitos, foi localizado por unha patrulla da Garda Civil na glorieta situada baixo a autoestrada AP-9, na zona de Freixeiro, en Narón, cando circulaba co seu vehículo sen unha luz regulamentaria. Foi entón cando os axentes do posto de San Sadurniño (A Coruña) decidiron darlle o alto para comunicarlle o incidente.

Pero o chofer no canto de deterse, apagou as luces e emprendeu a fuxida pola FE-12, en dirección ao polígono industrial de Río do Pozo, en Narón, ademais polos carrís de sentido contrario.

Entón comezou unha persecución co vehículo da Garda Civil, cos seus sistemas de sirena e luz de emerxencia acesos, para alertar ao resto de usuarios da vía, atravesando mesmo dúas glorietas polo carril contrario, ata que un coche patrulla da Garda Civil de Tráfico, que saíra en axuda do primeiro, sofríu a súa arremetida.

Á CARREIRA

Nese momento o condutor baixou e acto seguido escapou á carreira e, tras entrar nunha silveira, perdeuselle a pista, polo que proseguiu a súa procura, xa que está identificado, ao tratarse dunha persoa coñecida polos axentes.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o condutor non ten o permiso de conducir en vigor e estímase que iniciou a fuxida por este motivo.

Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO
Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta