Expertos das universidades galegas trazan unha estratexia de dinamización do viño da DO Ribeiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

Expertos das tres universidades galegas trazaron unha estratexia para a dinamización económica propia dos viños da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro.

O grupo de científicos redactor do estudo está liderado polo doutor en Ciencias Económicas da USC Edelmiro López Iglesias e polo doutor en Administración de Empresas da UVigo Andrés Mazaira.

Así, búscase dotar á denominación de orixe dunha ferramenta que lle permita coñecer "que está a pasar no tecido económico e social" do seu territorio, á vez que servirá como instrumento para a toma de decisións de futuro.

O traballo, financiado pola Deputación de Ourense con 41.500 euros, será remitido á Consellería de Medio Rural para que o integre nos traballos que desenvolve coas outras catro DO galegas.

Esta estratexia será presentada en Arnoia (Ourense) este sábado, 8 de febreiro, nunha xornada chamada 'Onde o mundo se chama Ribeiro', que será de entrada libre.

A vendima no Ribeiro. EUROPA PRESS - Archivo
A vendima no Ribeiro. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta