Liberdade con cargos para un policía xubilado acusado de abusar dunha menor durante oito anos

Foi a propia rapaza a que confesou os abusos sexuais á súa avoa, que é a parella do home acusado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía decretou a liberdade con cargos para un axente da Policía Nacional en situación de xubilación acusado de supostos abusos sexuais a unha menor.

Segundo a denunciante, residente en Vilagarcía e de 17 anos de idade, o acusado supostamente comezou a realizarlle tocamentos cando tiña só oito, situación que se prolongou ata que cumpriu os 16. O policía xubilado detido é a actual parella da avoa da menor, o cal propiciaba que coincidisen con frecuencia no mesmo domicilio.

Segundo manifestaron fontes da investigación, foi a propia menor a que confesou á súa avoa os abusos sexuais aos que supostamente fora sometida durante oito anos. Por mor dese descubrimento a vítima e a súa nai personáronse nas dependencias da Comisaría vilagarciá para denunciar os feitos.

Unha vez efectuada a denuncia os propios excompañeiros do policía xubilado procederon á súa detención e ao seu ingreso nos calabozos da comisaría onde pasou a noite. Pola mañá foi trasladado aos xulgados onde a xuíza, tras escoitar a súa declaración, decretou a súa liberdade con cargos.

Imaxe duns xulgados.
Imaxe duns xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta