Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/07/2025 | Actualizada ás 17:47
A sección segunda da Audiencia de Ourense condenou a 28 anos de cárcere a un home por agredir sexualmente, de maneira continuada, ás dúas fillas da súa parella, que tiñan entre 12 e 13 anos no momento dos feitos.
Nun fallo con data de 16 de xullo, contra o que aínda cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os maxistrados consideran probado que o acusado, entre maio de 2022 e ata abril de 2023, agrediunas "en incontables ocasións e practicamente a diario, aproveitándose da absoluta confianza" que a súa parella tiña nel --levaban xuntos máis de dez anos-- para deixases ao seu cargo. Entón, o home aproveitaba que quedaba no domicilio só coas menores para realizarlles tocamentos e mesmo penetralas vaginalmente.
En abril de 2023, unha das nenas contoulle á súa nai o que ocorría e o acusado, tras unha discusión coa entón parella, na que asegurou que era ela a que se metía na cama con el, abandonou o domicilio. A nai presentou denuncia dous días despois e o home, tras a súa detención, ingresou en prisión provisional.
Agora, os maxistrados da Audiencia de Ourense condenárono a 14 anos de prisión por dous delitos continuados de agresión sexual a menores de 16 anos, así como a non poder aproximarse nin comunicarse coas vítimas durante 24.
Ademais, durante seis anos, estará inhabilitado para exercer a patria potestade, tutela, garda ou acollemento de menores. Xunto a iso, o condenado deberá indemnizar a unha das vítimas na cantidade de 25.000 euros e á outra en 60.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.