A Coruña organiza o I Congreso sobre Diversidade Afectivo-Sexual na Literatura

O Concello da Coruña e a Asociación LES poñen en marcha este encontro, que se celebrará o 28 de marzo.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/02/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e a Asociación LES, de mulleres pola igualdade e visibilidade lésbica, organizarán na cidade o I Congreso sobre a Diversidade Afectivo-Sexual na Literatura.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade Yoya Neira presentou, no Palacio Municipal de María Pita, este encontro de escritoras que usan a lingua galega como ferramenta de expresión para pór o foco na igualdade e na loita polo activismo e a visibilidade do colectivo de lesbianas, bisexuais e transexuais.

Xunto a representantes da Asociación LES, sinalou que o encontro se celebrará o 28 de marzo no centro cívico da Cidade Vella.

No acto de presentación aos medios de comunicación, Yoya Neira explicou que o obxectivo do encontro é "falar do poder da lingua, neste caso do galego, como ferramenta de expresión para pór o foco na igualdade".

Pola súa banda, a portavoz de LES Coruña, Noemía Díaz, explicou que no encontro participarán unha decena de persoas do ámbito literario e da tradición oral de de a música.

A concelleira de Benestar Social Yoya Neira presenta un congreso sobre diversidade afectivo-sexual na literatura. CONCELLO DA CORUÑA
A concelleira de Benestar Social Yoya Neira presenta un congreso sobre diversidade afectivo-sexual na literatura. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta