Relacións da Pokemon coa prostitución da Carioca e o caso Campeón

Até 40 nomes de empresarios galegos que lle pagaron comisións a cambio de contratas. Esta é a bomba que soltou onte Francisco Fernández Liñares, ex-concelleiro de Lugo e ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, no seu interrogatorio como imputado na Operación Pokemon. Varios dos detidos da Pokemon saen nos sumarios das operacións Carioca e Campeón.

Por Walter Burns | Lugo | 25/09/2012 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A xuíza Pilar de Lara escoitou como Liñares informaba sobre pagos e agasallos que regularmente recibía do Grupo Vendex, senón tamén de ducias de empresas do país, a maioría de Lugo. Entre as compañías presuntamente corruptoras están, segundo fontes próximas á investigación, 'vellas coñecidas' das tramas Campeón e Carioca.

Levantamento de multas

A comparecencia de Liñares durou máis de dez horas. Nelas confirmou os indicios que xa había de que na súa etapa de concelleiro responsábel da Policía Local de Lugo favoreceu á concesionaria, do Grupo Vendex. Polo menos un dos axentes imputados na Operación Carioca xa acusara ao edil socialista no xulgado de favorecer á empresa que leva o servizo da ORA.

Un personaxe clave nesta parte da trama é Javier Reguera Pérez, funcionario do Concello de Lugo, responsábel o servizo da ORA que leva Vendex, e imputado tamén na Operación Carioca, que investiga entre outros o posible uso de prostitutas para o pago de favores realizados por policías e cargos públicos en Lugo aos empresarios presuntamente corruptores.

A investigación da Pokemon comezou en parte ao detectar a Xustiza un patrimonio enorme a Reguera Pérez, patrimonio que non corresponde co seu soldo de funcionario. Entre ese patrimonio estaba o solar sobre o que se ergueu un bordel, presunto centro da trama Carioca.

Cando menos un Policía Local apuntou nas declaracións da Carioca que Reguera Pérez colaboraba con Liñares no levantamento das sancións de tráfico na Cidade de Lugo.

Cómpre lembrar que Jorge Pío Cechhine, fundador da compañía Cechalva, concesionaria do guindastre en Lugo, tamén foi detido e está imputado na Operación Pokemon. No seu rexistro do Concello de Lugo, os axentes de vixilancia aduanera leváronse da Concellería de Economía todos os expedientes de adxudicación dos servizos da ORA -que leva Doal, parte do Grupo Vendex- e do guindastre.

A que empresarios máis pode ter acusado Liñares na súa confesión? Arestora Lugo é un fervedoiro de rumores, e de medo.  O certo é que ninguén, salvo os funcionarios e os avogados presentes na declaración o saben, pois a Operación Pokemón está baixo segredo de sumario.

O que xa non está baixo segredo de sumario é a documentación da Operación Campeón. Nela, o presunto empresario corruptor Jorge Dorribo acusa a Liñares de ter cobrado comisións  para facerse con obras da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.   "A través de la confederación concedió, según le contó Javier de Proitec, un concurso y estaba a punto de concederles otro, bajo pago de comisiones. Que le dijo que por anticipado y sin garantías de que se lo dieran o no se lo dieran", recolle o sumario.

Santiso, detido na Pokemon, era socio do Accion & Klasse

No sumario da Campeón tamén aparecen os nomes de varios empresarios imputados hoxe na Pokemon. Algúns deles son parte da contornoa social próxima a Dorribo. Por exemplo,  o construtor lugués Manuel Santiso, que figura como administrador de Chechalva, a contrata do guindastre de Lugo.

Santiso, xerente de Construcións Sanle, tamén foi socio da empresa que mercou o inmóbel onde se situaba o prostíbulo Queens no Polígono do Ceao, presunto centro da trama da Operación Carioca, segundo publicou El País.

O seu socio nesa compra foi Reguera Pérez, o funcionario responsábel da ORA de Lugo detido agora na Pokemon.

Santiso tamén é un dos primeiros membros citados na lista de socios do clube Accion & Klasse, sociedade  gastronómica montada por Dorribo e sobre a que varios medios informaron sobre o uso de prostitutas durante as 'comidas'. Entre os outros socios  socios de Accion & Klasse están empresarios, maxistrados e políticos lugueses imputados na Campeón. Por exemplo, a nivel político, o ex-conselleiro Fernando Xabier Blanco Álvarez (BNG), imputado na Campeón, aparece na acta como co-presidente de honra. O outro co-presidente de honra era Jesús Otero Calvo, ex-subdelegado do Goberno (PSOE), acusado na Carioca de pedir favores á Policía para que non extraditase prostitutas.

En definitiva, as tramas das operacións Pokemon, Campeón e Carioca comezan a amosar dabondo puntos en común como para poder consideralas parte dunha única presunta rede de corrupción. Nas tres investigacións hai actores comúns cuxas presuntas actuacións inclúen subornos, prostitución, trata de brancas, levantamento de multas e comisións a políticos a cambio de subvencións e contratas. Unha trama  que actuaba libremente até hai tres anos pola provincia de Lugo e sobre a que GC tentará deitar máis luz nos próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

17 mira ti

Ultima hora, fontes ben informadas comunican que a UPG esta detras da cicloxénese explosiva causante dos fortes ventos que derubaron o Xigante de Laroá, carballo centenario de Xinzo.

1 Xurxo

Non o,PP,PSOE e UPG son todos inocentes...Ou era que se pode criticar ao PP e ao PSOE,pero non à UPG ?

16 CAMILO

O alcalde de BOQUEIXON deisa a alcaldia mais non deixa de ser concelleiro,e decir sigue no machiño,pois na sombra seguira sendo ALCALDE Esta seudo dimision vendenola la VOZ coma un exito do PP frente o fracaso do PSOE,o non demitir RODRIGUEZ.A VOZ esta en campaña pois non dice nin investiga porque o de BOQUEIXON lle poñen fianza mais alta e tamen lle imputan blanqueo de diñeiro Fora esto como RODRIGUEZ vai estar na prensa con noticias sempre negativas o mellor que podia era dimitir para non lle faguer mais dano a GALICIA,pois a sua postura sera manipulada para favorecer a FEIJOO Sr PACO e momento de irse e logo dentro de tres anos totalmente limpo voltar pero por favor non xogue a favor de FEIJOO e contra GALICIA GRACIAS

15 cIENFUEGOS

A ultima nova e que foi detido o concelleiro de deportes de OURENSE (BNG) na pasada lexislatura era de trafico.Espero que xa demetise.Fai anos un candidato BRASIlEIRO tiña como musica de campaña unha cancion que decia "SI EU TUBERA UNHA BASOIRA ,CANTAS COUSAS BARRERIA"MaIS OU MENOS Unha basoira ben potente precisamos os GALEGOS pàra barrer a todos os politicos que non fan mais que esporcar.Reclamemos unha DEMOCRACIA REAL con mais participacion da ciudadania listas abertas fora baronias ni mesias simplemente PARTICIPACION e castigar inda que sexan !"OS MEUS" Coido que si buscamos atopamolos e sinon seguir a buscar

14 Coruñes

Todo este ruxe ruxe non é mais que unha montaxe. Período electoral, infatilismo de muitos que agora se alporizan e lle fan o xogo a direita. Marianico e Feijo están contentisimos. Eu non me creo casi nada do que se dí, nen da trama de Dorribo nin desta, e senon tempo ao tempo pero daquela os que infantilmente demostrades a todas horas non saber estar nos sitios voltaredes a botarlle as culpas a UPG como é habitual. Presunción de inocencia, verificar os feitos, a ver si madurades

1 lugués

Maduro estás ti, tan maduro que te contaxiou a podredume e xa non diferencias o cheiro. Nin con imputados que xa recoñeceron os feitos! Que precisas, meter a man nos merdeiros e provar?

2 Coruñes

Independientemente de que haxa corrupción o que non me cabe duvida é que se magnificou o tema, por exemplo curiosa coincidencia en datas coas eleccions. Non vos creades todo o que fan os xuices estrela. Canto cobrará Dorribo por inmolarse e canto cobraran estes agora que por non responder a corruptelas suas enmerdan todo (o que está tocado e o que non). Por certo aquí alguns non paran de falar de Fernando Blanco como imputado no caso Dorribo e esquecense que tamén están imputados xente do PP e do PsoE. Aínda menos mal que alguns paranoicos non repararon que o alcalde de Ourense se Chama Francisco Rodriguez (tamen será da UPG?)

13 Roi Xordo

A min paréceme todo moi ben, pero que hai da operación Muralla contra a Deputación cando mandaba Cacharro Pardo, don Francisco. Que s epersoe xa a actual deputación como acusación particular e a tirar da manta.