Relacións da Pokemon coa prostitución da Carioca e o caso Campeón

Até 40 nomes de empresarios galegos que lle pagaron comisións a cambio de contratas. Esta é a bomba que soltou onte Francisco Fernández Liñares, ex-concelleiro de Lugo e ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, no seu interrogatorio como imputado na Operación Pokemon. Varios dos detidos da Pokemon saen nos sumarios das operacións Carioca e Campeón.

Por Walter Burns | Lugo | 25/09/2012 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A xuíza Pilar de Lara escoitou como Liñares informaba sobre pagos e agasallos que regularmente recibía do Grupo Vendex, senón tamén de ducias de empresas do país, a maioría de Lugo. Entre as compañías presuntamente corruptoras están, segundo fontes próximas á investigación, 'vellas coñecidas' das tramas Campeón e Carioca.

Levantamento de multas

A comparecencia de Liñares durou máis de dez horas. Nelas confirmou os indicios que xa había de que na súa etapa de concelleiro responsábel da Policía Local de Lugo favoreceu á concesionaria, do Grupo Vendex. Polo menos un dos axentes imputados na Operación Carioca xa acusara ao edil socialista no xulgado de favorecer á empresa que leva o servizo da ORA.

Un personaxe clave nesta parte da trama é Javier Reguera Pérez, funcionario do Concello de Lugo, responsábel o servizo da ORA que leva Vendex, e imputado tamén na Operación Carioca, que investiga entre outros o posible uso de prostitutas para o pago de favores realizados por policías e cargos públicos en Lugo aos empresarios presuntamente corruptores.

A investigación da Pokemon comezou en parte ao detectar a Xustiza un patrimonio enorme a Reguera Pérez, patrimonio que non corresponde co seu soldo de funcionario. Entre ese patrimonio estaba o solar sobre o que se ergueu un bordel, presunto centro da trama Carioca.

Cando menos un Policía Local apuntou nas declaracións da Carioca que Reguera Pérez colaboraba con Liñares no levantamento das sancións de tráfico na Cidade de Lugo.

Cómpre lembrar que Jorge Pío Cechhine, fundador da compañía Cechalva, concesionaria do guindastre en Lugo, tamén foi detido e está imputado na Operación Pokemon. No seu rexistro do Concello de Lugo, os axentes de vixilancia aduanera leváronse da Concellería de Economía todos os expedientes de adxudicación dos servizos da ORA -que leva Doal, parte do Grupo Vendex- e do guindastre.

A que empresarios máis pode ter acusado Liñares na súa confesión? Arestora Lugo é un fervedoiro de rumores, e de medo.  O certo é que ninguén, salvo os funcionarios e os avogados presentes na declaración o saben, pois a Operación Pokemón está baixo segredo de sumario.

O que xa non está baixo segredo de sumario é a documentación da Operación Campeón. Nela, o presunto empresario corruptor Jorge Dorribo acusa a Liñares de ter cobrado comisións  para facerse con obras da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.   "A través de la confederación concedió, según le contó Javier de Proitec, un concurso y estaba a punto de concederles otro, bajo pago de comisiones. Que le dijo que por anticipado y sin garantías de que se lo dieran o no se lo dieran", recolle o sumario.

Santiso, detido na Pokemon, era socio do Accion & Klasse

No sumario da Campeón tamén aparecen os nomes de varios empresarios imputados hoxe na Pokemon. Algúns deles son parte da contornoa social próxima a Dorribo. Por exemplo,  o construtor lugués Manuel Santiso, que figura como administrador de Chechalva, a contrata do guindastre de Lugo.

Santiso, xerente de Construcións Sanle, tamén foi socio da empresa que mercou o inmóbel onde se situaba o prostíbulo Queens no Polígono do Ceao, presunto centro da trama da Operación Carioca, segundo publicou El País.

O seu socio nesa compra foi Reguera Pérez, o funcionario responsábel da ORA de Lugo detido agora na Pokemon.

Santiso tamén é un dos primeiros membros citados na lista de socios do clube Accion & Klasse, sociedade  gastronómica montada por Dorribo e sobre a que varios medios informaron sobre o uso de prostitutas durante as 'comidas'. Entre os outros socios  socios de Accion & Klasse están empresarios, maxistrados e políticos lugueses imputados na Campeón. Por exemplo, a nivel político, o ex-conselleiro Fernando Xabier Blanco Álvarez (BNG), imputado na Campeón, aparece na acta como co-presidente de honra. O outro co-presidente de honra era Jesús Otero Calvo, ex-subdelegado do Goberno (PSOE), acusado na Carioca de pedir favores á Policía para que non extraditase prostitutas.

En definitiva, as tramas das operacións Pokemon, Campeón e Carioca comezan a amosar dabondo puntos en común como para poder consideralas parte dunha única presunta rede de corrupción. Nas tres investigacións hai actores comúns cuxas presuntas actuacións inclúen subornos, prostitución, trata de brancas, levantamento de multas e comisións a políticos a cambio de subvencións e contratas. Unha trama  que actuaba libremente até hai tres anos pola provincia de Lugo e sobre a que GC tentará deitar máis luz nos próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

12 Iván

Habería que preguntarlle ao ex-embaixador no Vaticano, Don Paco, a cambio de que meteu a Vendex no Concello da Coruña

1 Rafa

E alí segue

2 Adela

Tutor se pasaba triunfante en los despachos de contratación del ayuntamiento coruñés

11 si un do bng e que

Xa me tardaba a min que o GC sacase en algunha das suas "novas" as siglas do BNG xunto coa operación pokemon

1 chourizos ao trullo

cando participas dos pactos e fas negocios co psoe a cambio de caho, logo non te estrañes se te levantas mollado!

2 PP Conection

Doado, senon atopan ningunha conexión para imputar a un cargo do Bloque, se lle relaciona cun caso gardado na neveira.

3 Por chourizos ao trullo

Primeiro.- Os casos Pokemon, Campeon e Carioca están relacionados. Segundo.- Blanco é un, con Salustiano son dous, con Bazarra suman tres... Terceiro.- A sociedade do BNG co PSOE é coñecida e recoñecida. Cuarto.- Sospeitar dos políticos é o menos que podemos facer despois do que levamos visto e o que queda..., calar é ser cómplice. Quinto.- Se che molesta a crítica, como direxon noutro comentario, pídelles responsabilidade aos teus: aínda falta un caso de un partido político que participe nun proceso acusando a un dos seus corruptos (que tanto danan á política e á imaxe dese partido que din defender).

4 Conspiranoicos de medio pelo

Bem, entón porque non me imputas tamén a min que compartin unha vez urinarios con Liñares, Se eres tan pragmatico porque non imputas a Alternativa? que son socios do SOE en Asturias ou Andalucia, ou do PP cando lle conven. Ou aos que levan ex pepeiros con eles o partido mais corrupto? E vós sodes os que queredes botar a Feijóo? pois que sigan os pepeiros que son un garante anti corrupción. Temos o que merecemos.

5 MedioPelo

Cando un non pode dicir ó bó que é, quedalle o recurso de dicir o malos que son os outros, Conspiranoico serenate que aínda che queda moito por ver, aínda co que vai xa non é pouco.

10 a falsa progresía

Noxenta é a corrupción, e máis noxentos son os taparrabos do PSOE e/ou BNG que buscades escusas de mal pagador. O propio Liñares e o empresario recoñeceron os feitos, logo benvida a xuiza que desde calquera opción (por outra banda lexítima, ninguén lle impide deitarse e rezar con quen lle pete e a quen queira) que trate de poñelo á luz, CANDO SEXA, tamén en campaña. Acusade aos corruptos, pidide responsabilidade aos que trincaron!!!

1 KeSeSepa

Que sigan tirando do fío, que aínda queda moita trangallada por saír, PP-PSOE-BNG até as cellas, non son casos aislados, eiquí todos sabían a que xugaban, isto aínda da pra tres anos máis.

2 Olla ti.

Home, se cadra tirando do fio pode darse o caso de que pillaran a Yolandita a que leva a Beiras de comparsa, que asinou os unecos contratos de Vendex en Ferrol cando era concellal de cultura

9 AntiRajoy

Aqué el único culpable es Gacio, del PP. Liñares, Rodríguez, Pepiño, Orozco, Pachi y su mansión, el exconselleiro Blanco amigo de Dorribo, Vencex y todos los empresarios que colaboran con la izquierda para echar a Feijoo de la Xunta deben quedar libres. La derecha debería estar prohibida, por corrupta. Pachi, Jorquera, Beiras y Mario Conde tienen que unirse para acabar con tanta podedumbre.

1 anonimo

Pois dificil vexo botar a Feijóo, cando unha trama de corrupción empresarial se trasmite como política. E menos con polticos que non saben medir os tempos coma o alcalde de Viveiro, que da ententer o imposible de que os grupos alternativa podan chegar a minimos acordos. Ao final estamos empedrando o camiño coma en Grecia ou Italia para os tecnócratas que ninguén votou, coma De Guindos que coido que non é millor que os políticos. Ou a troika comunitaria que non son mais que grandes centros de poder económico, e que xa case mandan. A min que caigan os ppolticos pouco me ten, o que me importa é que caiga a política como exercicio de poder soberano popular.

8 Perry Mason.

Vaia por diante que nada mais lonxe da miña intención que desacreditar a laboura das xuizas, e lembrarlle a algún desmemoriado que ningún cargo da UPG ou Bloque foi condeado ate agora, ao contrario que doutros partidos algún con cadea. Aquí hai varias anormalidades, empezando porque nun país normal a laboura de investigación a leva a fiscalia, ou conxuntamente fiscalia xuiz. Aquí lonxe de eso faise de costas a fiscalia e dando a entender que a fiscalia está comprometida. Abondan moito os xuices estrelas arelantes de protagonismo, cando a xustiza ten que ser eficaz, non ostentosa.

1 Perry Mason.

O que pior tufa é a cruzada mediatica que vai ao unisono, centrando todo en Ourense cando as ramificancións abranguen todo o país, noxento o titular de hoxe da Voz que daba en portada que o rexidor da capital ourensan ia ser investigado por ser receptor de pisos en pago. Non creo que un rexidor que esté tan pringado, neguese a dimitir, polo que o desboto, nembergantes eso sempre queda na memoria colectiva.