Acepta seis meses de prisión por cobrar a pensión dunha irmá morta

O acusado tivo que pedir un crédito ao banco para pagar a multa que ascendía a 33.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Un home de idade avanzada, veciño de Ribeira de Piquín, aceptou seis meses de prisión por unha estafa á Seguridade Social por cobrar a pensión dunha irmá morta, tras alcanzar un acordo as partes antes da celebración do xuízo no Xulgado do Penal número 1 de Lugo.

A estafa produciuse entre abril de 1999 ata maio de 2015, durante 16 anos nos que o procesado cobrou a mensualidade da pensión dunha irmá falecida e que ascendía a uns 200 euros.

Inmediatamente despois o home "reparou o dano", confirmou a súa avogada, Ana Goñi, ao devolver á Seguridade Social máis de 33.000 euros, 25.000 que puxo el directamente e 8.000 a través do banco.

O ancián non terá que entrar en prisión xa que non conta con antecedentes penais. A Fiscalía, que aceptou o acordo, pedía inicialmente dous anos de cárcere.

Unha persoa anciá
Unha persoa anciá

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta