Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

32 cocoliso

Que a xuiza é do opus, é un conto desesperado. Como o evidencia o feito de que aínda non atoparon un taleguero ou un traballador do xulgado con nome e apelidos que lle houbera visto o retrato do santo. Unha mentira repetida moitas veces acaba convertíndose en verdade ¿non era así, rapaces?

1 todoenorde

Non, home, non. Síntocho, de verdade. Xa sei que posteas pra distraer a atención. Pra iso vos conminou Frijol: "chicos, a tomar las redes sociales, que nos suben los rojos por las barbas". Pero éche do Opus. Recoñecida membro numeraria. Se queres saber que é o Opus, escoita a San Josemaría: "fundado por la voluntad de Dios (...) para servir a la Iglesia". Vas pillando xa a trécola?

2 cocoliso

Non por repetir algo moitas veces se convirte en verdade. Se fose certo amosaríades probas, e non un díxome, díxome... pataqueiradas. Eu levo posteando moito antes de que Albertiño animase aos do PP a facelo.

3 todoenorde

Que ela mesma o recoñeceu, home. É que es duro de mollera... Ah, non, que é a estratexia internáutica de Feijóo. Aí che vai o enlace do vídeo opusino (que che preste, seguro que xa o tes visto e gozado): http://www.opusdei.es/sec.php?s=154

4 cocoliso

Claaaaaaaaaaro, un enlace onde non aparece a Súa Señoría. Ou sexa, que segue a ser un conto para bobiños que a xuiza sexa opusina. A colar milongas a casa da collona home.

5 todoenorde

Orrrrdiaaaaaa Cocolissssssssssoooo! Grazas a ti acabo de ver la luzzzzzzzzzzz. Que siiiiiii, tiiiiiioooooo, que la jueza no es del Opus. Es una Blues Brother en misión divinaaaaaaaaa. O vídeo púxote a cen (intelectualmente), eh!

6 todoenorde

Mira coco, como está a prisión de Bonxe. Petada de corruptos sociatas e bloqueiros. Mira como se poñen de contentos cando lles din que de sobremesa van papar "flan au comission" http://www.youtube.com/watch?v=pW1h... todo grazas á túa xuíza Blues Bother en Misión Divinaaa. Oh, Yeaaaaahhhhh

7 cocoliso

¿Pero que video? jajajaja fuxe cara diante. O nacionalismo caracterízase por pensar que a xente é, básicamente, imbécil, e lle dan á xente estas merendas. Xa vos direi o 22-O o parva que é a xente. Aquí o que hai é medo a non acadar cotas dabondo de poder ante a podredume esquerdista e os canciños (chipirrichí-pirrichí) fanse a caquita co medo de ter que poñerse a traballar e que non haxa pasta para telos de mantidos, que vergoña tiña que darlles ser uns p*utos mantidos.

8 todoenorde

algún insulto máis? Páganchos no PP por quilo, a peso, ou falo de balde?

9 cocoliso

¿E logo minto? ¿Non é de auténtico noxo vivir de mantido para un home? ¿Non é certo que os fakes como ese do suposto opusinismo da xuiza faise porque se pensa que os seus votantes son básicamente imbéciles?

10 todoenorde

Ti, ao teu, a insultar sen parar. Dálle neniño. Aquí cada un vota o que lle peta, ou non vota, ou bota, ou abstense. Ti si que nos tomas por imbéciles aos demais largando prosmada tras prosmada neste foro. Cocoliso, Ferrete, Nostrus... o mesmo.

31 todoenorde

Como dicían nos debuxos animados: "Y no se vayan todavía, que aún hay más!". A xuíza de Lara PPOpus, pouco a pouco vai progresando segundo está programado por Frijol-Rueda, seguindo os tempos electorais para o máximo rendemento. Neste momento o alcalde de Boqueixón (PP), segundo o programa, xa está a pasar á fase de esquecemento mediático-anecdótico. Nesta 2ª fase xa se vai a toda máquina a polo PSOE e, como na Campeón, polo BNG (Van detendo en masa a cargos sociatas e comezan a caer algún bloqueiros). Pero amiguiños, a TERCEIRA FASE VAI SER A ORDIA! A xuíza vai pinchar a outro alcalde sociata peso pesado, a que non sabedes quen é? Unha pista: é coñecido polo mote de "O cura". Acéptanse apostas. O programa electoral do PP xa sabemos cal é, chámase: POKEMON 2012. NOTA PARA EXTRAVIADOS/AS: Toda corrupción debe ser perseguida pola xustiza, pero a xustiza non pode xogar sectariamente nas campañas electorais para decantar a balanza.

1 anxinhodoceo

Moita razón tes. E parecíanos que a de 2009 fora unha campaña sucia! Os que vivimos en Ourense sabemos moi ben, e dende hai moito tempo, que as cousas importantes se cocen na Deputación. Tardaremos en ver os Baltar esposados

2 todoenorde

E por certo, como di acertadamente o Beiras, o sr. Gacio non é un "alcalde de aldea" como nolo queren vender, senón iso, o brazo dereito de Romay Beccaria (un dos numerarios máis poderosos do Opus no Estado español), e este Gacio, outro membro do Opus. A xuíza outro membro do Opus... Ao mellor, a xuíza de Lara tiña tamén de iniciar a OPERACIÓN OPUS-PP en Galiza, a ver que nos saía de aí. Seguro que habíamos flipar, que o Opus non dá puntada sen fío.

3 anxinhoordenadoecaido

E o "socialista" Liñares tamén é do Opus, por iso recoñeceu os feitos!!!! Alucinante, hai que ser ben palanganeiro e tan cómplice da corrupción para tapar aos amigos!!! Todo polo poder e a pasta!!! A miseria dos servos do PSOE e BNG iguala e até supera a do PP!!!

4 todoenorde

Que non anxinhoordenadoecaido, que non queres entender. Que se o Liñares trincou e outros coma el, todos ao trullo. Que siiiiiiii, hooooome, que siiiiiiiiiiiiii, que ninguén os defende. Eu, polo menos, non. O que non pode ser é que a xustiza participe nas eleccións condicionando o voto tan descaradamente. Que isto da Pokemon xa o sabían o Frijol e Rueda hai meses. Que aquí non hai Xuíza-Damisela Heroína Combate aos Corruptos. Aquí hai operación electoralista programada paso a paso. Xa verás cando caia ese outro alcalde sociata peso pesado. Por que non caeu xa... porque están programando o in crescendo da historia ata o comezo da campaña electoral. Ai, bendita inocencia que tedes algúns. Quen puidera.

5 cocoliso

Os canciños do nacionalismo gañan medo a que non os enchufen por non pillar poder e tiran os ansiolíticos e antidepresivos pola taza do wc en troques de tomalos para non soltar tanto disparate. Canciños-canciños: chipirrichí-pirrichí :D

6 todoenorde

ADMINISTRADOR DE GC. A VER SE BOTAS DUNHA VEZ A ESTE TIPO, QUE SÓ POSTEA PARA INSULTAR. SE NON, ABRIMOS A VEDA E AQUÍ DAMOS TODOS LEÑA!

7 cocoliso

¿Pero te das por aludido? XD Como din as mariquitas de Santiago: ai alabado...

8 manoliño/Cocoliso

PPresidente, ¡a la orden de usté órdenes para lo que guste y mande!

9 todoenorde

Pero Cocoliso, tamén alusións homófobas!? Neniño, telo todo, eh! Seguro que vives no s. XXI? Ten coidado cando te deites, non vaias cravar a esvástica no ojete.

10 manoliño/Cocoliso

PPresidente, ¡a la orden de usté para lo que guste y mande!

11 cocoliso

¿Pero te segues a dar por aludido co de canciño-canciño chipirrichí-pirrichí :D

12 Ghalleghocomaotoxo

Mal asunto cando un aprendiz de contachistes sen graza ten que andar repetindo as parvadas que acaba de excretar. En fin, nin pinga de caso.

13 todoenorde

Ai zeñó, zeñó, e vas e escribes: "Pero te sigues a..." Aprende algo de galego home, que o tradutor online non dá máis. A ver, repite comigo: "Pero ségueste a ..." Que mal vos forman nas Juventudes Frijolianas, nen. Claro, como el gallego os dá nojito.

14 Clark

Coñecemento e facherío son cousas incompatibles, compañeiro. Boas cousas lles ensinan a estes pepeiriños nos confesionarios!

15 todoenorde

Certo Clark, púxenlle o enlace ao video de San Josemaría Escrivá de Balaguer, santo fundador do Opus, e subíu polas paredes. Como dicía o santo: "la santa violencia, la santa intransigencia..." Imos deixalo, que anda doente.

30 indinada

Beiras por unha vez di algo con certa racionalidade: http://praza.com/politica/2137/beir...

1 digno de ver para crer

Beiras é un vendido, ou xa o esqueceches? E agora que periga a alternativa de progreso sae con discursos para a galería, o habitual no personaxe e aduladores. A responsabilidade da corruptela moi ao noso pesar está en non limpar o PSOE e o BNG de trincadores, e non na xuiza emparentada co PP. Os corruptos está dentro do PSOE e amigos, mesmo Liñares e algúns empresarios xa o recoñeceron, logo o problema está no PSOE e socios do negocio. Mirade dentro e tede coidado cos petos!

2 todoenorde

Que si, home, que si. Que hai que perseguir todo a corrupción existente en todos os lares (con probas, claro!), pero a xustiza non pode xogar a participar nos procesos electorais condicionando coas súas actuacións o voto dos cidadáns. Por certo, iso de que Beiras é un vendido, pois nada, xa sabes, vas a Lugo, ao Xulgado, falas coa xuíza de Lara, e que o enchirone no castelo de Pambre, con cadeas ben pesadas e a pan e auga ata que morra.

3 anxinhoordenadoecaido

Unha pregunta inocente: era a xuiza ou eran os políticos quen levaban as comisións? Insisto: pídelles responsabilidades aos teus!

4 QuediBeiras

"Beiras ve na Pokemon unha operación espectáculo para provocar a abstención"

5 todoenorde

Lémbrasme a unha comunidade de veciños onde a promotora deixou multitude de desperfectos. Esa promotora conseguíu meter de administrador a un tapado seu, para que fose parando as protestas. Mentres, os propietarios corrían cos gastos dos arranxos e a promotora facía algunha ñapa para que parecese que amañaba, pero todo volvía romper. Só cando era o día da xuntanza anual de propietarios, ese mesmo día, a promotora amañaba algo en condicións para que os propietarios visen que bos eran e como cumprían. A Pokemon, outro tanto. Xa vexo que che gusta que a xustiza non sexa independente dos partidos políticos. Moi chula a túa democracia.

29 AGE

Beiras culpable!

28 Duque

Agora que Feijoo lle dixo que nones, PSOE e BNG xa poden pactar con Mario Conde. Seguro que se entenderían moi ben.