Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

22 estatísticas

4 políticos, 2 policías, 1 funcionario e 9 empresari@s.

21 imparcialidade total

Pilar de Lara Cifuentes , a titular do Xulgado nº1 de Lugo que leva a instrucción da operación Pokemon (...) ten vínculos co Partido Popular. O seu marido, Roberto Menéndez Mato fai parte do Comité Executivo do Partido Popular de Lugo, que preside José Manuel Barreiro Fernández. Así se recolle no propio sitio web do PP. A xuíza, que foi tamén responsábel da instrución do controvertido caso Carioca, estaría ligada tamén ao Opus Dei.

1 Home claro

Ah, sendo así a que hai que deter é a xuiza!!!!!

2 progresía

É que ser do Opus, por moito alcanfor que usen, é delito? Ou xacer cun do PP, por moi mal rollo que teña, será pesado pero non penado? Imaxina se é afeccionada aos touros, á pornografía ou ao sado! Sentidiño, a xustiza ten sistemas de control internos (CGPJ), a xuiza asume responsabilidades e, por moito que lles pese aos laciaos que fan comentarios (o do PP é de noxo, mais a falsa progresía é miserable), hai empresarios e políticos imputados que XA ASUMIRON as prácticas polas que son acusados!!! Entón que queredes, tapar o nariz por que son dos "nosos"? Pedide responsabilidade aos "nosos", limpade dentro no lugar de tapar coa vida privada da xuiz. Por certo, a mesma que impediu os destrozos urbanísticos no Parque Rosalía en Lugo, mais iso xa o esquecestes. Será tamén vexetariana, polo menos ecoloxista!

20 Spidercan

Eu non xogo ao " e ti máis". Só entran nese xogo os que votan e son do PP. Que é o que queren que se traslade á opinión pública.

1 Spidercan

Prégovos non me contestedes. Non vos penso facer caso.

2 Xan do Can

Prégote que non escribas. Non te vou a facer caso.

19 Ricardo Reis

Xa están todos. Para saír da Dictadura optaron por unha Lei de Partidos e por unha Lei Electoral que deixaba o poder en mans dunha oligarquía formada polos partidos políticos e polos sindicatos (que aparecen na Constitución), co fin de silenciar o ruido dos sables militares. Así nace a oligarquía político-sindical. IBA SER PROVISIONAL. Algúns sabiamos que unha vez instalados no poder non habería quen os movese. E os sistemas oligárquicos levan implícita a CORRUPCIÓN. Facer distingos é un exercicio inutil: SON TODOS CORRUPTOS porque os cidadáns non temos maneira de controlalos. Compre modificar a Lei de partidos, a Lei electoral e suprimir a subvencións ós sindicatos. Empezariamos a albiscar un retal de democracia.

1 livre

Concordo 100%. Non hai pan para tanto chourizo, nin gañas de soportar unha caste de políticos corruptos que só pretenden a alternancia e o ben para os do aparato.

18 antimestesdescola

Como deteñan á Sra. Bravo, prometo, rapaces, baixar a costa de San Agustín da Coruña sentado nun orinal para festexalo.