Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

12 o padriño

Vendex son amigos. A ORA de Madrid démoslla no seu día, e tantas outras cousas. Aceptaron en filtrarnos datos en Galicia para enmerdar o tema na campaña das galegas, que pinta mal. En Ourense había chicha, podíamos ata imputar ó mesmísimo alcalde, o resto, as mordidas de sempre.., dossieres de Ourense pois. O malo foi que unha das cabezas de turco, sempre pagan inocentes por culpables, xa o sei, tamén cantou de boqueixón, iso foi un erro. Síntoo por Gacio, a idea non era esa, o resto inda saíu bastante ben...

11 un calquera

A verdadeira corrupción en España é Bankia, o resto son mortos de fame que case loitan pola súa supervivencia. E Bankia trinca en porcentaxes do produto interior bruto do pais, nada de cocidos ou mariscadas. As árbores non vos deixan ver o bosque.

1 Manolo2

Liñares el socialista, aparte de su sueldo como presidente de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (mínimo 4.000-5.000 euros netos + prebendas como el coche oficial con chófer) ha reconocido ya que sólo de Vendex recibía un sobre con 3.500 euros cada mes. Muertos de hambre dice este...

2 El PPresidente

¡Joder! Y yo en mi chabola de Montepío, firmándole subvenciones a Santi el editor y a Dorribo para que larguen ¡y al final qué!, en Madrid no se acuerdan de mí ni para llevarle la cartera a la trotona del MoroPPa.

10 El PPresidente

¡Viva doña Pilar de Lara! Cumple como Dios y el PPartido mandan. Alfonso, mándale las nuevas órdenes. Y ponme en la web de la Junta fotos mías con los mexicanos.

1 Manolo2

Está claro, como te fode que persigan a los corruptos

2 El PPresidente

Si son de los míos, y si no fuesen corruPPtos no serían de los míos, sí.

3 Manolo2

Si bloqueiro si. Ya sabemos que son de los tuyos. Lo que tenía que hacer la jueza es la vista gorda porque los naZionalsocialistas trabajan por Galiza e por Breogán.

4 Hai que foderse

"Si bloqueiro si...". Véxase a segunda resposta ao comentario nº 8. Que contumacia!

5 Manolo2

La UPG contraprogramando...

6 Sentidiño

os do BNG non son santos da miña devoción, pero o de naZionalsocialistas é de moi mal gusto e esta fora de lugar

7 Manolo2

Vamos a ver son socialistas, nacionalistas, odian a los judíos, tienen a la lengua y a la patria casi por encima de todo (excepto el cazo, como estamos viendo).En resumen: naZionalsocialismo

8 Un de Santiago

Se odian aos xudeus, coma os franquistas, e teñen a patria e a lingua por riba de todo, agás o cazo, o resumo é: nacionalcatolicismo mesetario.

9 Arsénico

Baltar era un cacique, pero no un delincuente como los del PSOE y BNG. ¿Cuando devuelve Laura Seara el kilometraje que cobró sin tener carné de conducir ni coche? ¿Cuándo legaliza Pachi su mansión?

1 un calquera

Cando a legalice Barreiro de Lugo na Ulloa, que iso si que é unha mansión. E non foi a radio nin a TVG á ningunha inspección da axencia pola legalidade urbanística....por iso non te enteraches..

8 bituco

PSOE, PP e BLOQUE están cheos de merda, hai moreas de casos. So queda votar a Beiras ou a Compromiso x Galicia

1 Manolo2

Si, a Compromiso,si, con un Cuiña de por medio...

2 Hai que foderse!

"Si, a Compromiso,si...". E os acentos que deberían ir sobre o i de si? Comeza o outono en plena forma e con plena ignorancia.

3 Manolo2

Ya está la UPG contraprogramando.

4 Nome

Hai que foderse co atrevida que é a ignorancia. "Si", non leva tilde en galego, en ningunha das súas acepcións!

5 Hai que foderse!

Evidentemente, pero en español, que é o idioma que insiste en maltratar o inidividuo este, o si afirmativo leva acento gráfico no i, faltaría máis!

6 Manolo2

La UPG contraprogramando...