Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

2 Autonomia

Por mor destas corruptelas vai recuncar Feijóo. Esperemos que polo menos os partidos galeguistas aprendam a lição (ou se calhar já somos demasiados espanhóis para sermos honestos...). Se houver um corrupto num partido galego deveria ser o próprio partido quem o denunciasse e o purgasse em troques de agachá-lo. A segunda cousa que fica clara é que não existe separação de poderes no regime espanhol. Neste caso o poder judicial está ao serviço dos interesses do PP por ter este caso reservado para a campanha eleitoral. O PP sabe que a sua massa eleitoral é essencialmente insensível aos escândalos de corrupção. Eu não. Eu ia votar ao BNG (com o nariz tapado), mas agora imagino que votarei ao Partido da Terra. Já sei que isso é precisamente o que quer Feijóo, mas acho que o Bloco não vai aprender até levarem a hóstia definitiva.

1 o ranholas

Que a hóstia definitiva a leve Galiza, os galegos e o galego é o de menos, o importante é que a leve o bloque, causante ao parecer dos males deste País e das sete plagas bíblicas. Os corruptos levan marcado a lume na fronte que o son e os particos galegos estan cegos se non o ven e non o denuncian. E como non sabemos como as gasta o PP damos crédito a todo o que din, fai unha semana saltaba a operación "Pokemon" que supostamente se levaba en segredo(?) pero alguns medios ó mesmo tempo que daban conta da nova xa aseguraban que afectaba a todas as cores. Non é para pararse a pensar??

2 Autonomia

1.- A Galiza tem o que merece. 2.- O problema é que não é só Pokémon. É que também estão Doraemon, Arale-chan, Ultraman, Son Goku, Kureyon Shin Chan, Pikachu e o resto da malta.

1 Eu mesmo

Pois como os outros, que entregue a acta de concelleiro!