O tráfico de mercadorías no porto da Coruña sofre unha baixada significativa

Descendeu un 13% en 2019 despois de lograr dúas marcas consecutivas nos exercicios de 2017 e 2018.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/02/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O tráfico de mercadorías no porto da Coruña descendeu un 13% en 2019 en relación ao ano anterior, segundo informa a Autoridade Portuaria, que vincula este dato co cesamento de actividade na central térmica de Meirama e a situación na antiga Alcoa, a actual Alu Ibérica.

Nun comunicado, asegura que por iso o tráfico de mercadorías "sufriu un descenso despois de lograr dúas marcas consecutivas nos exercicios de 2017 e 2018".

De acordo aos datos publicados por Portos do Estado, en 2019 o porto da Coruña rexistrou un movemento total de 13,6 millóns de toneladas de mercadorías, o que supón un descenso do 13% con respecto a 2018.

A baixada significativa produciuse no sector de graneis sólidos "e correspóndese cos tráficos de carbón que xeraba a térmica de Meirama e os de alúmina e bauxita correspondentes a Alu Ibérica".

"A parada técnica que realizou a refinaría de Repsol provocou así mesmo un leve descenso, conxuntural, en graneis líquidos", sinala tamén a Autoridade Portuaria. No entanto, remarca que o porto da Coruña mantense como o primeiro de Galicia en tráfico de mercadorías e de pasaxeiros.

Punta Langosteira. PORTO DA CORUÑA - Arquivo
Punta Langosteira. PORTO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta