Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 18:51
Os maiores de 45 anos asinaron 14.900 contratos indefinidos en 2019 en Galicia, o que supón un 11,5% menos que no ano anterior, segundo un estudo de contratación de Randstad.
Este descenso case duplica a diminución rexistrada a nivel estatal entre este grupo de poboación (-5,9%), despois de que España rexistrase sete exercicios consecutivos de subidas.
De feito, o descenso en Galicia supón o quinto máis acusado por comunidades, por detrás de Cantabria (-22,9%), Canarias (-18,7%), Asturias (-17%) e Aragón (-14,1%).
Por provincias, Pontevedra (-15%) e Ourense (-12%) rexistraron os maiores retrocesos na contratación indefinida de maiores de 45 anos, seguidas por Lugo (-9,7%) e A Coruña (-9,1%).
En España, desde 2007, os contratos indefinidos asinados polos maiores de 45 anos descenderon máis dun 42% durante catro anos consecutivos, ata rexistrar a cifra máis baixa en 2011 (128.388 contratos). Así, desde entón, a tendencia cambiou e o tipo de contratación aumentou durante sete exercicios ata superar os 370.000 contratos en 2018.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.