O novo xefe superior de Policía de Galicia fixa entre os seus obxectivos a loita contra a violencia de xénero e a delincuencia organizada

O director xeral do corpo de seguridade reivindica a "profesionalidade" en tempos "volátiles". Neste contexto, instou a este corpo policial a ser "útil" á sociedade.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/02/2020 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

O novo xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro, fixouse como obxectivos "impulsar liñas específicas de traballo" en materia de violencia de xénero e dos delitos vinculados coas novas tecnoloxías, así como a delincuencia organizada e itinerante, o narcotráfico ou a trata de seres humanos. Expúxoo o comisario ferrolán na súa toma de posesión do cargo, nun acto celebrado na Delegación do Goberno en Galicia. Contou coa presenza, entre outras autoridades, do director xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras.

No seu discurso, Piqueras reivindicou a este Corpo como unha "institución crucial", á vez que apelou á "profesionalidade" dos seus membros. Ao novo xefe superior de Policía de Galicia, instoulle a ser "impecable no comportamento" e "implacable na loita contra o delito" e contra quen "con comportamentos inadecuados, manchen o prestixio da Policía Nacional".

"Lei e honestidade forman parte do ADN da Policía", sinalou nunha intervención no que subliñou o labor dos policías nacionais en "uns tempos volátiles", de "sobrerrepresentación" "e nos que dá a impresión de que a inestabilidade gaña terreo á estabilidade", reflexionou. Neste contexto, instou a este corpo policial a ser "útil" á sociedade.

MELLORAR RECURSOS

Mentres, José Luís Balseiro manifestou afrontar este reto "con ilusión". Xunto aos obxectivos vinculados co ámbito da delincuencia ou a loita contra a violencia de xénero, citou tamén "garantir a seguridade" no Xacobeo do próximo ano. Tamén avogou por promover a formación e a igualdade, así como "buscar sinerxías con todos os operadores de seguridade" e "mellorar" os recursos materiais.

O novo xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro, toma posesión do seu cargo nun acto coa presenza, entre outras autoridades, do director xeral da Policía, Francisco Pardo, e o delegado do Goberno, Javier Losada. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O novo xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro, toma posesión do seu cargo nun acto coa presenza, entre outras autoridades, do director xeral da Policía, Francisco Pardo, e o delegado do Goberno, Javier Losada. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta