Alternativa dos Veciños protesta en Arteixo polas "precarias" condicións dos centros de saúde

"Están a deixar un servizo moi precario, que provoca problemas moi graves a pacientes e profesionais", denuncia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/02/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Veciños do municipio coruñés de Arteixo participaron este martes nunha concentración convocada por Alternativa dos Veciños para denunciar as "precarias" condicións nas que funcionan os centros de saúde da localidade e reclamar melloras nos mesmos.

Durante a protesta, na que tamén participaron profesionais sanitarios, a representante local de Alternativa en Arteixo, Noelia Martínez, asegurou que "os recortes" da Xunta en materia de sanidade pública "están a deixar un servizo moi precario, que provoca problemas moi graves a pacientes e profesionais".

Así, Martínez afirmou que "falta de persoal sanitario de atención primaria", hai "demoras nas citas para as consultas" e "determinadas especialidades teñen unha lista de espera de máis dun ano". A maiores, criticou que, "a pesar do aumento de poboación dos últimos anos" neste municipio coruñés, "os recursos sanitarios son os mesmos ou menos".

Por iso, reclamou ao Goberno galego que poña en marcha melloras. "Se a Xunta non procede de inmediato a realizar melloras no servizo de atención primaria nos centros de saúde do concello, verémonos no deber de tomar outras medidas máis drásticas. A situación é caótica", finalizou.

Centro de Saúde en Galicia.. EUROPA PRESS - Arquivo
Centro de Saúde en Galicia.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta