Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 13:04
A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia insta ao Sergas para que regule a exención de noites a todo o seu persoal a partir dos 55 anos, independentemente da súa categoría profesional.
Nun comunicado de prensa, este sindicato sinala que "desde o ano 1998" a Consellería de Sanidade ten un acordo para a exención de gardas ao persoal facultativo maior de 55 anos, "de carácter voluntario e coa posibilidade de participar nunha xornada voluntaria en quenda de tarde para, deste xeito, non ver minguadas as súas retribucións".
Tras un requirimento da Inspección de Traballo, a instancia de CCOO, "o Sergas constituíu a comisión para a elaboración dun plan de igualdade", lembrou esta central sindical, que critica que "ata hoxe só houbese dúas reunións para esta negociación". Deste xeito, informou de que este venres se reuniu a Comisión encargada para a elaboración do plan de igualdade do Sergas, "que xa leva un atraso de algo máis dun ano", lamentou.
"Despois de analizar a fase de diagnóstico, constatamos que, a pesar de ser unha administración pública, aínda temos unha gran brecha de xénero, que se fai máis evidente nos postos de persoal sanitario facultativo e nos postos de responsabilidade", expón CCOO.
Deste xeito, indica que "mentres que a poboación feminina está preto dun 78% do total do persoal, todo indica unha segregación vertical por maior representación dos homes nestes postos de responsabilidade, especialmente no que respecta ao persoal facultativo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.