Os mortos con gripe ascenden a 50 en Galicia

Hai sete días os datos rexistraban 38 falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

As persoas falecidas con gripe en Galicia sitúanse en 50 --fronte ás 38 de fai sete días--, dos cales 20 delas morreron polo virus. Segundo o décimo quinto informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia', recollido por Europa Press, dos 50 pacientes falecidos, 47 tiñan indicada a vacina e 29 non a recibiron.

O informe reflicte que desde o principio da tempada e ata este mércores, 19 de febreiro, declaráronse 1.345 ingresos con gripe confirmada --fronte aos 1.197 da semana pasada--, dos cales 854 xa recibiron o alta e 108 requiriron asistencia en UCI.

Dos ingresados con gripe, 1.085 tiñan indicada a vacina por idade ou por presentar factores de risco para unha gripe complicada e 568 deles non estaban vacinados.

No documento difundido este venres polo Sergas sinálase que desde o inicio da tempada --na semana do 30 de setembro ao 6 de outubro-- a vixilancia en Atención Primaria mostra unha "tendencia decreciente" na que é a sétima semana da onda epidémica desta tempada, na que se mantén "un nivel de intensidade baixa".

Isto, xunto ao feito de que "hai un aumento da actividade gripal por encima do limiar en varias provincias que xuntas supoñen máis do 50 por cento da poboación de Galicia", indica o Sergas no informe, tradúcese nunha "difusión xeral da actividade gripal".

Vacina da gripe
Vacina da gripe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta