Prisión provisional para o mozo que atropelou o empregado dunha gasolineira na Laracha e fuxiu

Cometeu o delito tras negarse a pagar o combustible enchido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o mozo detido este mércores tras darse á fuga o martes despois de atropelar cun coche roubado a un empregado dunha gasolineira no municipio da Laracha (A Coruña), ao negarse a pagar o combustible enchido

Gasolineira Avia en Laracha
Gasolineira Avia en Laracha | Fonte: Google Maps.

Segundo fontes xudiciais tras pasar o detido a disposición xudicial, o individuo está investigado como presunto autor dun delito de intento de homicidio.

O pasado martes día 18 un traballador dunha gasolineira Avia da Laracha, situada na estrada que une este municipio e Carballo, resultou ferido ao ser atropelado por un vehículo que se deu á fuga sen pagar tras encher.

Os feitos producíronse sobre as 19,00 horas deste martes cando o condutor dun vehículo, un Volkswagen Golf, tras encher negouse a pagar, arrincou e, ao ser perseguido polo empregado da gasolineira, deu a volta e arroiouno, confirmaron fontes da investigación.

Debido ao impacto, o empregado foi evacuado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) para recibir atención médica, pero non se teme pola súa vida, indicaron as mesmas fontes.

Posteriormente, este mércores pola mañá foi detido nun hostal de Arteixo o presunto autor dos feitos, un mozo natural de Carballo, pero veciño de Arteixo na actualidade, cando estaba en compañía dun menor que levaba as chaves do vehículo subtraído.

O mozo, coñecido das forzas de seguridade por delitos contra o patrimonio e en materia de seguridade viaria, carece de carné de conducir.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Europa acolle outros cidadáns que seica deben ROGAR O VOTO para mudar as cousas... http://cabozo.com/taboext.php?grupo... Europa irá a onde nós queiramos !!!

1 Coristanco

Os refuxiados son expulsados na alambrada de Melilla polo PP e en Grecia por Siryza. Rajoy e Tsipras fan o mesmo, coa diferenza que Rajoy non enganou a ninguén neste asunto. Xa sabemos o que nos espera con Podemos, o vello Beiras e compañía: hipocresía. Non vale todo por un prato de votos. A decencia está no BNG. No terá votos, pero non engana a ninguén.